Hunspell para o galego: versión 18.07 «Francisco Mirás»

Dende o Proxecto Trasno informámosvos do lanzamento dunha nova versión do corrector ortográfico Hunspell para o galego.

A nova versión do corrector ortográfico Hunspell é a 18.07 «Francisco Mirás» en homenaxe ao primeiro estudoso que elaborou o que se pode chamar a primeira gramática galega. O desenvolvemento foi coordinado por Antón Méixome e con imprescindibles contribucións de Adrián Chaves. Ambos agradecemos á comunidade tamén as súas achegas. O dicionario contén agora 230.125 entradas e suxestións (fronte ás 85.974 da versión do ano 2013) polo que agardamos que siga sendo un apoio para todos aqueles que se preocupan pola calidade da nosa lingua.

Trátase pois dunha moi relevante actualización do corrector e que podemos empregar xa con LibreOffice, OpenOffice, Mozilla Firefox, Mozilla Thunderbird e Google Chrome. Funciona ademais noutros aplicativos privativos, como é o caso de Mac OSX, InDesign, memoQ, Opera e SDL Trados…

O corrector Hunspell é a única ferramenta de corrección ortográfica de código aberto que existe para o galego.

Nos próximos días iremos completando esta nova e publicando as correspondentes versións dos complementos que facilitan a instalación automática para LibreOffice, Firefox, Debian, etc.

De momento… e para os que os que queiran probar os ficheiros base de corrección ortográfica, pódese descargar o seguinte arquivo: hunspell.zip  Contén os ficheiros .aff e .dic que deben substituír aos que teñas instalados (normalmente haberá que renomealo para que teñan o nome canónico, así gl.dic > gl_ES.dic e gl.aff > gl_ES.aff).

  • Paquete debian de test:  hunspell-gl-es_18.07~beta-0ubuntu1_all (descargar e extraer o .deb do arquivo zip). Descargalo en facer dobre clic sobre el para lanzar o administrador de software.
    • A instalación manual en Ubuntu consiste en situalos en

/usr/share/hunspell/gl_ES.aff
/usr/share/hunspell/gl_ES.dic

 

Nota: é unha versión beta, polo que de xurdir algún problema, agradecemos que nolo comuniquedes en comentarios desta nova

Dicionarios de galego para Firefox e Thunderbird en probas

Corrector galego husnpell

Quedan a disposición as extensións para Firefox e Thunderbird co corrector ortográfico de galego. Trátase dunha nova versión (16.04.0) que engade novos termos engadidos no proxecto hunspell para o galego.

Trátase das versións comunidade que é a máis completa e inclúe termos suxeridos por Trasno e a versión Volga (Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa)).

O corrector xa non funciona en Firefox? Actualiza

Actualización: Véxase nota final

Na última actualización de Firefox, a 43 que está a chegar aos nosos equipos, desactívase o corrIMG_20151216_215735425ector ortográfico fornecido por Trasno porque agora xa non se admiten complementos sen asinar por motivos de seguranza.

 

Acabamos producir unha nova versión do complemento de modo que agora xa funciona, na sección apropiada do Firefox, que é desde hai un tempo a sección de “dicionarios”

Se tes este problema recoméndase, desinstalar o complemento anterior, descargar o novo (13.10.0.1-typefix) e instalalo. Todo volverá a funcionar sen problemas e con exactamente a mesma funcionalidade do corrector vixente ata agora.

Corrector de Galego :: Add-ons for Firefox 2015-12-17 19-33-32

Nota

Aínda que aparece unha nota “Not available for Firefox 43.0” premede no botón e instalarase sen problema

Actualización

Corrector de Galego :: Add-ons for Firefox 2015-12-31 14-11-01Este problema quedou definitivamente solucionado desde o 22 de decembro, xa que o complemento se instala sen dar xa ningún aviso de problemas.