Firefox en galego en iOS

Nesta páxina explicámosche os pasos que tes que levar a cabo para usar Firefox en galego en iOS. Previamente tes que configurar iOS en galego.

Tes que ir á aplicación da App Store, a aplicación usada para acceder á tenda en liña de Apple, para buscar o Firefox.

Logo tes que ir á busca da aplicación, premendo no botón Search.

Logo tes que introducir o texto Firefox no buscador e premer no texto «firefox» suxerido.

Apareceranche varias aplicacións, entre elas algunha con publicidade. Busca Firefox: Private, Safe Browser. Logo tes que premer no botón GET para obter a aplicación.

Trala descarga, podes premer no botón OPEN para executar Firefox.

Podes abrir Firefox en calquera momento desde a súa icona.