Colaborar

Hai moitas formas de colaborar para levar o galego ao software libre.

Por exemplo:

Únete ás canles de comunicación do proxecto para resolver calquera dúbida.
 

13 comments

  1. Non sabendo inglés; sendo o meu galego coloquial e nada ortodoxo; non podo contribuir traducindo.
    Así e todo, detectei en LibreOffice e Apache OpenOffice hai algúns erros na traducción dos nomes de funcións en CALC tales como nomes idénticos para funcións
    diferentes que coido compre corrixir.
    Cómo vo-las fago chegar?

  2. Eu estou axudando a traducir o twitter ao galego, e xa levamos moito feito. Pronto estará dispoñible para Ios e para Android e xa está dispoñible para ordenadores

  3. Isto de agregase a trasno é moi complicado, ademais quen usa hoxe en dia rolda de correo? fíxenme un lio para querer entrar na rolda de correos , como se amaña iso …

    1. Ola Xabier, máis sinxelo non pode ser:

      http://listas.trasno.net/listi

      As roldas de correo seguen a ser o estándar de participación de máis do 90% dos proxectos de localización de software (tradición dos desenvolvedores). A alternati va son aqueles proxectos que utilizan unha plataforma web como Ubuntu (que utiliza Launchpad.net) ou Creative Commons (que utiliza Transifex.net) e aínda moitos outros que combinan listas e web como LibreOffice.

      1. Á lista xa me suscribin, pero coma se non me suscribirá, nin me manda mensaxes, nin podo entrar, e agora incluso para postear aqui, pideme o e-mail, non era máis fácil un sistema de foros? unha só nick e moverse por toda a web?

      2. Pois xa é a segunda vez que che respondo, é esto non furrula, tampouco o de darse de alta na rolda de correo, non pasa nada nin sequera hai un e-mail de benvida ou confirmación …

  4. Ola,

    Quixera formar parte do equipo para realizar traducións mais a páxina de rexistro aparece como “coming soon”. Polo de agora estou tentando traducir aplicacións relacionadas co kodi; a última é tinymedia.

    Saúdos.

    1. Búscanos en Telegram…Proxecto Trasno
      Temos problemas co spam na lista de correo e estamos por aí agora mesmo

Comments are closed.