Nesta páxina explicámosche os pasos que tes que seguir para usar Telegram en galego en Android. Previamente tes que configurar Android en galego.
Tes que acceder á aplicación Play Store, a aplicación usada para acceder á tenda en liña de Google, para buscar o Telegram.

No seu buscador, tes que buscar Telegram e logo premer na primeira coincidencia.

Entre os resultados tes que buscar «Telegram» e premer no botón Instalar.

Trala descarga e instalación, xa podes executar Telegram premendo o botón Abrir.

E logo da instalación, para executalo só tes que premer na súa icona.

Agora tes que cambiar Telegram á versión galega, dun xeito moi sinxelo: só tes que premer na seguinte ligazón desde o teu móbil con Android: https://t.me/setlanguage/gl-beta e a continuación premer no botón Set Language.

A continuación tes que premer o botón Abrir para permitir abrir Telegram e continuar co cambio de idioma.

Xa dentro de Telegram, tes que premer o botón Change para permitirlle a Telegram cambiar de idioma.

E xa tes o Telegram en galego.

Dispós de máis información sobre Telegram en galego na web oficial.