Firefox en galego

Nesta páxina explicámosche os pasos que tes que seguir para usar Firefox en galego no escritorio. Explicámoscho desde tres situacións distintas:

  • Aínda non tes Firefox instalado no teu equipo.
  • Xa tes Firefox instalado en español no teu equipo.
  • Xa tes Firefox instalado en inglés no teu equipo.

Descargar Firefox en galego

Se aínda non tes Firefox no teu equipo, tes que ir á páxina de descarga de Firefox en galego.

Aí tes que descargar a versión para o teu sistema operativo, seleccionando os elementos correspondentes, premer no botón «Descargar agora» e proceder á instalación.

Se tes Firefox en español

Se xa tiñas instalado Firefox en español, tes que ir a «Editar -> Ajustes» se usas Linux

ou a «Herramientas -> Ajustes» se usas Windows

ou a «Firefox -> Preferencias» se usas macOS

Na lapela «General», a que aparece por defecto, tes que buscar o apartado «Idioma» e premer o menú despregable. Aí tes que seleccionar «Buscar máis idiomas…».

Logo tes que premer no elemento «Seleccione un idioma para engadir…»

Aí tes que seleccionar «Galego»

E logo premer o botón «Añadir»

A continuación tes que premer o botón «Aceptar»

E xa tes Firefox en galego.

Se tes Firefox en inglés

Se xa tiñas instalado Firefox en inglés, tes que ir a «Edit -> Settings» se usas Linux

ou a «Tools -> Settings» se usas Windows

ou a «Firefox -> Settings…» se usas macOS

Na lapela «General», a que aparece por defecto, tes que buscar o apartado «Language» e premer o menú despregable. Aí tes que seleccionar «Search for more languages…».

Logo tes que premer no elemento «Select a language to add..

Aí tes que seleccionar «Galego»

E logo premer o botón «Add»

A continuación tes que premer o botón «OK»

E xa tes Firefox en galego.