Hunspell para o galego: versión 18.07 «Francisco Mirás»

Dende o Proxecto Trasno informámosvos do lanzamento dunha nova versión do corrector ortográfico Hunspell para o galego.

A nova versión do corrector ortográfico Hunspell é a 18.07 «Francisco Mirás» en homenaxe ao primeiro estudoso que elaborou o que se pode chamar a primeira gramática galega. O desenvolvemento foi coordinado por Antón Méixome e con imprescindibles contribucións de Adrián Chaves. Ambos agradecemos á comunidade tamén as súas achegas. O dicionario contén agora 230.125 entradas e suxestións (fronte ás 85.974 da versión do ano 2013) polo que agardamos que siga sendo un apoio para todos aqueles que se preocupan pola calidade da nosa lingua.

Trátase pois dunha moi relevante actualización do corrector e que podemos empregar xa con LibreOffice, OpenOffice, Mozilla Firefox, Mozilla Thunderbird e Google Chrome. Funciona ademais noutros aplicativos privativos, como é o caso de Mac OSX, InDesign, memoQ, Opera e SDL Trados…

O corrector Hunspell é a única ferramenta de corrección ortográfica de código aberto que existe para o galego.

Nos próximos días iremos completando esta nova e publicando as correspondentes versións dos complementos que facilitan a instalación automática para LibreOffice, Firefox, Debian, etc.

De momento… e para os que os que queiran probar os ficheiros base de corrección ortográfica, pódese descargar o seguinte arquivo: hunspell.zip  Contén os ficheiros .aff e .dic que deben substituír aos que teñas instalados (normalmente haberá que renomealo para que teñan o nome canónico, así gl.dic > gl_ES.dic e gl.aff > gl_ES.aff).

  • Paquete debian de test:  hunspell-gl-es_18.07~beta-0ubuntu1_all (descargar e extraer o .deb do arquivo zip). Descargalo en facer dobre clic sobre el para lanzar o administrador de software.
    • A instalación manual en Ubuntu consiste en situalos en

/usr/share/hunspell/gl_ES.aff
/usr/share/hunspell/gl_ES.dic

 

Nota: é unha versión beta, polo que de xurdir algún problema, agradecemos que nolo comuniquedes en comentarios desta nova

11 comments

  1. Se se instala en InDesign (e, sospeito, en programas con soporte OpenType), o guionizador non parece recoñecer as ligaturas e guioniza mal: “enfi-ados”, en lugar de “enfia-dos”. Este problema non se dá co guionizador español.

  2. Tiven que o desinstalar e volver á versión 13:10. Non vai con algunhas aplicacións e continúa a ser problemático o recoñecemento dos guións cando un texto usa a chamada segunda forma do artigo. Xa enviei un comentario sobre o non recoñecemento das ligaturas.

  3. Os problemas da nova versión do corrector afectan especialmente OS X. O mesmo programa (no caso, Affinity Publisher) traballa ben baixo Windows e non traballa en absoluto baixo OS X. Outros programas do Mac tampouco aceptan a nova versión e si traballan ben coa 13:10.

    1. Eu tamén detectei isto coa última versión de macOS. O sistema tenta facer a corrección ortográfica mais case que se torna lento e non detecta as incorreccións.

      Porén a 13.10 funciona ben.

  4. Non estou seguro pero sospeito que o problema é coa nova versión de hunspell en si mesma.
    Probaches co corrector actualizado doutro idioma?

    1. Non entendo ben a túa resposta. Comunica privadamente comigo e tratamos de avanzar. Con outros idiomas, o que fago é instalar os arquivos, non unha nova versión de hunspell (tanto canto eu sei). Lembra que eu uso OS X.

  5. Estou tentando usar o o dicionario no InDesign e guioniza moi mal tipo “tal-leres” en vez de “ta-lleres”. Poden publicar algún artigo ou tutorial sobre o tema por favor? Non atopo información na rede ao respeito. Resúltame imposíbel maquetar un libro así. Grazas!

  6. Non podemos dar asistencia en programas privativos, que non temos nin en sistemas operativo que non manexamos

    https://hunspell.github.io/
    Interfaces and ports: AndroidHunspellService (for Android, based on the Chromium fork of Hunspell), Enchant (Generic spelling library from the Abiword project), XSpell (macOS port, but Hunspell is part of the macOS from version 10.6 (Snow Leopard), and now it is enough to place the Hunspell dictionary files into ~/Library/Spelling or /Library/Spelling for spell checking), Delphi, Java (JNA, JNI), Perl, .NET, .NET Standard, Python, Ruby (1, 2, 3), UNO, RichEdit.

  7. Non me parece que se poida despachar un problema de incompatibilidade tan alegremente (“sistemas operativos que non manexamos”), cando os hunspell doutros idiomas funcionan perfectamente baixo OS X.
    Alén diso, acabo de ver que o guionizador, na súa última versión, en LibreOffice fai esta división: “insinu-ar”.

  8. Máis erros de guionización:
    da-rlle, en lugar de dar-lle
    er-amos
    É preciso revisar a fondo o arquivo de guionización e decidir se se divide ou non “algunha”, “ningunha” e similares. De acordo coas Normas, sería “algu-nha”, “ningu-nha”, mais actualmente non se fai a división.

Comments are closed.