Android é o sistema operativo móbil máis popular do mercado.
Android está traducido ao galego, polo que podes usar a súa interface no noso idioma, así como configuralo para que mostre en galego aquelas aplicacións e webs que estean adaptadas á nosa lingua.
Ten en conta que cando configuras un móbil Android por primeira vez, podes elexir o galego como idioma, polo que é posible que xa o teñas configurado no noso idioma.
A continuación explicámosche como facelo se tes o móbil en español ou noutro idioma.
Para comezar, tes que ir a Ajustes no teu móbil.

Logo tes que premer a opción Administración general.

E aí premer na opción Idioma.

Aí tes que escoller a opción de Galego.

E logo premer en Predeterminado cando che pregunta se queres «¿Establecer Galego (España) como predeterminado?»

A partir deste momento xa vas ver o teu móbil en galego.
