Actualización: Véxase nota final
Na última actualización de Firefox, a 43 que está a chegar aos nosos equipos, desactívase o corrector ortográfico fornecido por Trasno porque agora xa non se admiten complementos sen asinar por motivos de seguranza.
Acabamos producir unha nova versión do complemento de modo que agora xa funciona, na sección apropiada do Firefox, que é desde hai un tempo a sección de “dicionarios”
Se tes este problema recoméndase, desinstalar o complemento anterior, descargar o novo (13.10.0.1-typefix) e instalalo. Todo volverá a funcionar sen problemas e con exactamente a mesma funcionalidade do corrector vixente ata agora.
Nota
Aínda que aparece unha nota “Not available for Firefox 43.0” premede no botón e instalarase sen problema
Actualización
Este problema quedou definitivamente solucionado desde o 22 de decembro, xa que o complemento se instala sen dar xa ningún aviso de problemas.