O lugar onde se vai celebrar a Trasnada cambiou a unha sala cedida por Amigos da Terra situado en Vigo na rúa Policarpo Sanz, nº 17, entreplanta fronte ao Centro Social de Novacaixagalicia.
A trasnada é o evento que reúne aos tradutores de software libre ao galego. Celebrado por primeira vez en Ordes e despois outra vez na cidade das Burgas, desta volta a súa terceira edición celebrase na cidade olívica. Alí darémonos cita para fixar terminoloxía e expor ao público o noso traballo.
En que consiste?
A trasnada serve de punto de encontro para tradutores de software libre, aqueles que traballamos baixo o paraugas do Proxecto Trasno. O evento serve de sesión de traballo. Estando enfocados en producir calidade, o tema de debate fundamental será a terminoloxía no ámbito da tradución. Por outra banda, serve de escaparate ao público que queira coñecer o proxecto, a xente que o conforma e como punto de aprendizaxe para todos os interesados en colaborar na localización.
Cando e Onde?
A trasnada 11.1 terá lugar este 12 de Novembro nunha sala cedida por Amigos da Terra, na Cidade de Vigo, rúa Policarpo Sanz, 17, na entreplanta, xusto en fronte do Centro Social de Novacaixagalicia.
Programa da xornada
1. Sesión de Mañá
Destinada a: tradutores e interesados na terminoloxía informática
Lugar: Sala cedida por Amigos da Terra
10:00 Apertura da Xornada
10:30 Preparación da sesión terminolóxica
14:00 Descanso para xantar
2. Sesión de Tarde
Lugar: Sala cedida por Amigos da Terra
Destinada a: tradutores e interesados na terminoloxía informática
16.00 Sesión de terminoloxía (cont.)
19:30 Peche da sesión
Que necesito para ir á trasnada?
Recomendámosche que traias o teu equipo portátil.
Pódese seguir a través da rede?
Os membros da asociación poderán seguir e participar na actividade pola canle IRC do proxecto (#trasno en irc.freenode.net). As novas que se vaian producindo iranse enviando aos nosos perfís nas redes sociais (véxase a sección de chíos no web). Estade moi atento as redes e animádevos a interactuar connosco ese día!.
NOTA: Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Proxecto Trasno desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.