Lista de correo

Unha lista de correo é un enderezo de correo electrónico que redistribúe todas as mensaxes que recibe á xente subscrita a esa lista. A xente subscrita pode enviar unha mensaxe á lista para que lle chegue ao resto de xente e así iniciar unha conversa por correo electrónico.

Aínda que para moitas cousas preferimos usar o Telegram actualmente, a lista de correo permítenos arquivar mensaxes, así que discusións importantes, como as que afectan a directrices de estilo ou terminoloxía, cómpre mantelas na lista de correo para que queden rexistradas e poder consultalas no futuro.

Subscribirse

Para subscribirte á lista de correo crea unha conta en trasno.gal e segue a ligazón que recibirás no correo.

Arquivo