Firefox en galego en Android

Nesta páxina explicámosche os pasos que tes que seguir para usar Firefox en galego en Android. Previamente tes que configurar Android en galego.

Tes que acceder á aplicación Play Store, a aplicación usada para acceder á tenda en liña de Google, para buscar o Firefox.

No seu buscador, tes que buscar Firefox e logo premer na primeira coincidencia.

Entre os resultados tes que buscar «Firefox: O navegador seguro» e premer o botón Instalar.

Trala descarga e instalación, xa o podes executar Firefox premendo o botón Abrir.

E logo da instalación, para executalo só tes que premer na súa icona.