Para traducir software libre ao galego necesitas un nivel básico de inglés, de galego e de informática.
Para facer a túa primeira tradución, decide que proxecto queres traducir, e traduce algunhas mensaxes no proxecto. Se tes calquera dúbida, pregunta sen medo, estamos aquí para axudar.
Traducir software libre ao galego é repetir ese proceso. Traduce o que poidas cando te apeteza.
Para que as túas traducións sexan consistentes coas traducións doutras persoas, o ideal sería que procurases seguir os acordos do proxecto, como a guía de estilo e o glosario. E existen moitos outros recursos que poden servirche de axuda ao traducir.