Correctores de galego

Corrector básico

Persoas voluntarias mantemos o corrector ortográfico para galego que usa case todo o software.

Nas seguintes aplicacións o corrector instálase mediante un complemento. Fai clic na icona da aplicación correspondente para descargar o complemento:

En sistemas operativos libres, deberías podes instalar o corrector desde os repositorios de software oficiais. O identificador do paquete adoita ser hunspell-gl ou hunspell-gl-es.

Se detectas algún problema co corrector, como palabras incorrectas que dá por boas ou palabras correctas que marca como incorrectas, infórmanos. Porén, ten en conta que o corrector ortográfico só analiza palabra por palabra, e non pode detectar combinacións incorrectas de palabras ou usos de palabras correctas en contextos nos que non o son.

Se tes coñecementos básicos de Git e te gustaría colaborar no desenvolvemento do corrector, bota un ollo ao repositorio de código, e fala connosco.

Corrector avanzado

Existe un corrector de galego máis avanzado que ademais de comprobar que as palabras son correctas por separado pode comprobar que están ben usadas no contexto. Podes probalo no teu navegador aquí.

Este corrector, aínda que máis potente, só se pode usar cun número limitado de aplicacións, e ninguén mantén o galego desde 2019.