iOS en galego

iOS é o sistema operativo móbil desenvolvido para os teléfonos de Apple. Aínda que non é software libre, en iOS poden executarse moitas aplicacións libres, polo que nesta sección explicamos como configurar iOS en galego.

iOS non se atopa traducido ao galego, polo que terás que ter a súa interface noutro idioma; o que si podes facer é configuralo para que mostre en galego aquelas aplicacións e webs que estean adaptadas á nosa lingua. A continuación explicámosche como facelo, tanto se tes o móbil en español como se o tes en inglés.

Móbil en español

Se tes o móbil en español, tes que seguir estes pasos:

Tes que premer a icona de Ajustes.

Logo tes que ir a General.

Logo a Idioma y región.

Logo tes que premer en Añadir idioma..

Logo tes que buscar Galego no buscador que aparece e premer nel.

Logo preguntarache cal dos dous idiomas (galego ou español) prefires. Preme en Preferir gallego.

Xa tes configurado o iOS para que aquelas aplicacións que estean traducidas a galego se vexan no noso idioma.

Móbil en inglés

Se tes o móbil en inglés, tes que seguir estes pasos:

Tes que premer a icona de Settings.

Logo tes que ir a General.

Logo a Language & Region.

Logo tes que premer en Add Language…

Logo tes que buscar Galego no buscador que aparece e premer nel.

Logo preguntarache cal dos dous idiomas (galego ou inglés) prefires. Preme en Prefer Galician.

Xa tes configurado o iOS para que aquelas aplicacións que estean traducidas a galego se vexan no noso idioma.