Proxecto Trasno

O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta de persoas voluntarias que traballan para levar o galego ao software libre.

Se contribúes dalgún xeito a este obxectivo podes considerarte parte do proxecto. Se aínda non o fas pero gustaríache, axudámoste.

Socializamos e organizámonos por unha canle de Telegram e unha lista de correo ás que calquera pode unirse.

Tamén existe unha asociación detrás do proxecto que exerce de representante legal e xestiona os recursos.