Proceso de tradución

Algunhas aplicacións poden traducirse mediante unha plataforma web de tradución. Na lista de proxectos están as máis populares. Estas plataformas facilitan introducirse no mundo da tradución, e permiten traducir desde calquera dispositivo e lugar.

Para o resto de aplicacións adoita seguirse esta rutina:

  1. obter o ficheiro de tradución,
  2. avanzar a tradución, e
  3. entregar a tradución.

Unha vez completada unha tradución, sexa cunha plataforma web ou doutro xeito, deberías:

E se non sabes que facer despois, dámosche algunhas ideas.

Obter o ficheiro de tradución

Como obter o ficheiro de tradución depende do proxecto.

A miúdo no código fonte atoparás un cartafol cos ficheiros de tradución, chamado «po», «l10n» ou «translations», cun ficheiro «.pot» e varios «.po».

O seguinte paso dependerá de se hai ou non un ficheiro para o galego, «gl.po»:

  • Se non hai, descarga o «.pot» e cámbialle o nome a «gl.po».
  • Se xa hai, identifica e contacta coa última persoa que o traduciu, para saber se quere axuda.

Se ben esta é a situación máis habitual, podes atoparte de todo:

  • Varios ficheiros de tradución por idioma.
  • Ficheiros de tradución organizados en árbores de ficheiros complexas.
  • Que non haxa un ficheiro «.pot».
  • Que se use un formato de ficheiro de tradución distinto («.xliff», «.ts», etc.).

Se non tes claro como obter os ficheiros de tradución dun proxecto, axudámoste.

Avanzar a tradución

Instala un programa de tradución. Hai moitos, o mellor é que probes algúns e quedes co que máis che gusta. Por exemplo: GNOME Translation Editor, Lokalize, OmegaT, Poedit.

Os programas de tradución permítenche abrir as distintas mensaxes orixinais e escribir a súa tradución. Tamén adoitan fornecer funcionalidades para mellorar a túa produtividade, como por exemplo:

En caso de que o ficheiro de tradución non sexa un «.po», tes dúas opcións:

Se tes calquera problema para instalar ou configurar un programa de tradución, ou para traducir un formato de ficheiro concreto, axudámoste.

Entregar a tradución

Unha vez remates a sesión de tradución, independentemente de se a tradución é total ou parcial, podes entregar o ficheiro de tradución para que se inclúa nas próximas versións do proxecto.

Como entregar o ficheiro de tradución depende do proxecto, e podes atoparte de todo, aínda que o habitual é poder enviar o ficheiro por correo electrónico a unha persoa do proxecto, ou abrir unha solicitude de cambio no repositorio de código.

Se non tes claro como entregar a tradución dun proxecto, axudámoste.

Manter a tradución

Unha vez entregada unha tradución completa, toca mantela: comprobar o estado da tradución cada certo tempo, e cando haxa máis para traducir, completar de novo a tradución.

Mellorar a tradución

Que unha tradución estea ao 100% non significa necesariamente que non haxa nada máis por facer. Cómpre revisar a tradución para asegurarse de que:

Ademais de revisar as mensaxes unha a unha, tamén podes atopar moitos destes problemas con Pology.

Outra forma de revisar a tradución é usar o programa traducido, para así ver a tradución de cada mensaxe no seu contexto real:

  • A forma máis sinxela é agardar a que se publique a seguinte versión do programa, coa última tradución, e revisar o resultado.
  • Se non queres esperar á seguinte versión, sempre hai forma de probar a tradución antes, pero o proceso depende do proxecto e pode ter certa complexidade técnica. Para o caso habitual de «.po» e aplicacións compiladas temos documentación do proceso. Noutros casos os propios proxectos poden dar documentación sobre probar as traducións. Se non o tes claro, axudámoste.

Que facer despois

Tes a tradución completa e revisada, e non sabes que facer ata que haxa máis para traducir? Velaquí tes algunhas ideas: