Discourse en galego

Acabamos de rematar a primeira tradución completa de Discourse na súa actual versión de desenvolvemento 2.7.0-beta3
A memoria de tradución, en formato estándar XLIFF está á vosa disposición no noso repositorio de Trasno.gal (licenza libre GNU v2)
54 284 palabras de orixe
7107 cadeas ou unidades de tradución

RegistrationMagic en galego

Presentamos a tradución ao galego da recente versión 3.8.3.3 así como a memoria de tradución deste gran complemento para WordPress que permite a elaboración de complexos formularios de forma totalmente visual, a xestión de usuarios, relacións, pagamentos, en todos os aspectos, cunha excelente integración visual e funcional tanto co núcleo do CMS como con terceiros (MailPoet, MailChimp, Facebook, Twitter, LinkeIn, para todo tipo de propósitos.

A tradución acada as 9630 palabras e 1445 cadeas. Actualmente é a única tradución completa a un idioma distinto do inglés.

RegistrationMagic-Custom Registration Forms é software de código aberto.

Máis info sobre este complemento en WordPress.org

Memoria de tradución (engadida ao noso repositorio en formato TMX)

Descargar a tradución encapsulada nun .zip que contén .PO directamente usable.

 

 

Tradución de Loco Translate, un entorno web básico para traducir WordPress

Publicamos a tradución ao galego de Loco Translate (Versión 2.1.4 ), un complemento para o CMS WordPress que permite realizar e xestionar a tradución de complementos e temas de modo moi sinxelo.

Loco Translate

Para instalala, recomendamos primeiro instalar o complemento como calquera outro, configuralo para gardar as traducións que fagamos no cartafol personalizado, común de todo o que se faga con Loco Translate (e non dentro dos cartafoles de cada complemento para evitar que se sobrescriban ao actualizar).

Logo, e mentres o complemento non traia xa a tradución galega incorporada, teremos que facer unha instalación «manual»:

– Lanzar a interface interna de Loco Translate

– Seleccionar o complemento (plugin) Loco Translate para traducir. Como non ten ficheiro de galego, hai que crealo (escollendo a localización personalizada).

– Descargar e descomprimir o ficheiro da tradución galega e subilo por FTP ao noso sitio. Ali buscaremos o cartafol onde Loco Translate creou o ficheiro co nome “loco-translate-gl_ES.po” que vai estar baleiro, eliminámolo e substituímolo polo que estamos cargando, co mesmo nome.

loco-translate-gl_ES

E xa está! Moi sinxelo

Non vos esquezades de compartir ou daernos noticia das traducións que fagades de temas e complementos do WordPress.

1 2