Publicamos a tradución ao galego de Loco Translate (Versión 2.1.4 ), un complemento para o CMS WordPress que permite realizar e xestionar a tradución de complementos e temas de modo moi sinxelo.
Para instalala, recomendamos primeiro instalar o complemento como calquera outro, configuralo para gardar as traducións que fagamos no cartafol personalizado, común de todo o que se faga con Loco Translate (e non dentro dos cartafoles de cada complemento para evitar que se sobrescriban ao actualizar).
Logo, e mentres o complemento non traia xa a tradución galega incorporada, teremos que facer unha instalación «manual»:
– Lanzar a interface interna de Loco Translate
– Seleccionar o complemento (plugin) Loco Translate para traducir. Como non ten ficheiro de galego, hai que crealo (escollendo a localización personalizada).
– Descargar e descomprimir o ficheiro da tradución galega e subilo por FTP ao noso sitio. Ali buscaremos o cartafol onde Loco Translate creou o ficheiro co nome “loco-translate-gl_ES.po” que vai estar baleiro, eliminámolo e substituímolo polo que estamos cargando, co mesmo nome.
E xa está! Moi sinxelo
Non vos esquezades de compartir ou daernos noticia das traducións que fagades de temas e complementos do WordPress.