Trasnada 23.0 por Internet

O vindeiro sábado 2 de setembro celebraremos unha nova Trasnada, un encontro de discusión terminolóxica no que acadar acordos para a homoxeneización e normalización das traducións de software libre ao galego.

O encontro terá lugar todo o día, cunha sesión matinal de 10:00 a 14:00 e unha sesión vesperal de 16:00 a 20:00.

A asistencia é libre. A coordinación e preparativos están a realizarse mediante a canle de Telegram, desde onde se compartirá a ligazón para poder asistir pouco antes de comezar a xornada.

A discusión centrarase previsiblemente nos nomes de compoñentes gráficos, salvo que dea tempo a ampliala a discusións pendentes adicionais.