A AC Proxecto Trasno convoca asembleas ordinaria e extraordinaria

Logo Proxecto Trasno

Asemblea xeral ordinaria:
10:30 horas, día 15 de abril de 2023 coa seguinte orde do día:
– Situación da actividade da asociación
– Estado de contas e orzamento anual
– Actualización do libro de socios

Asemblea xeral extraordinaria:
11:30, día 15 de abril de 2023 coa seguinte orde do día:
– Presentación e aprobación nova xunta directiva

Ambas asembleas son de acceso restrinxido a socios e realizaranse por primeira vez de modo telemático por videoconferencia, polo que non será necesario concretar un lugar físico para a súa realización

Para a asemblea extraordinaria de renovación da Xunta Directiva, comunícase a socias e socios que, unha vez rematado o período de presentación de candidaturas, o socio Jesus Amieiro Becerra é a única candidatura presentada para asumir a Presidencia e polo tanto, na asemblea extraordinaria procederase a concretar a composición do resto da Xunta Directiva sen dar lugar á votación, nin ás previsións sobre el do art. 29 dos estatutos.