É un gran pracer anunciar que a aplicación de correo electrónico Thunderbird acaba de traducirse por completo ao galego! Esta nova tradución permite que os usuarios galegos poidan gozar dunha experiencia completa e totalmente en galego ao utilizar esta potente ferramenta de correo electrónico.
A tradución ao galego foi realizada por un equipo formado principalmente por membros de Trasno.
A tradución de Thunderbird está aberta a todo o mundo, polo que estades convidados a contribuír á mellora da tradución e a informar de posibles erros ou imperfeccións. Xuntos podemos asegurar que Thunderbird siga sendo unha ferramenta útil e de calidade para os usuarios galegos.
En breve terás dispoñibles estas traducións na nova versión de Thunderbird, que poderás descargar aquí, para descubrir unha nova forma de xestionar o teu correo electrónico, e en galego!