Dende o Proxecto Trasno e coa coordinación de Antón Méixome liberamos hoxe unha nova versión do corrector ortográfico Hunspell para o galego: a version 13.10 «Padre Sobreira». Hunspell é o corrector ortográfico de LibreOffice, OpenOffice, Mozilla Firefox 3 e Thunderbird, Google Chrome, ademais de outros aplicativos privativos (e que non aconsellamos) como Mac OSX, InDesign, memoQ, Opera e SDL Trados. Actualmente, diferentes membros da comunidade colaboran no desenvolvemento das distintas (…)
Latest Posts
Contactar cos desenvolvedores
Se queres deixarnos un comentario ou unha suxestión sobre o corrector, o guionizador ou o dicionario de sinónimos para LibreOffice ou Apache OpenOffice podes facelo deixando un comentario neste artigo.
A extensión Anaphraseus xa en galego
Anaphraseus é unha ferramenta de tradución TAC (Computer Aided Translation, CAT en inglés), que se integra coa suite ofimática coma unha macro, de xeito semellante ao famoso Wordfast. Utiliza o formato de memoria de tradución deste (*.TXT), e admite a segmentación do texto. Hai máis de un ano xa realizamos (Leandro Regueiro e eu mesmo, membros de Proxecto Trasno) a súa tradución polo seu interese para traducir documentos breves de modo consistente ao longo do tempo (notas de prensa, anuncios, (…)
–
Novas e anuncios
The Document Foundation anuncia LibreOffice 4.1.2
Berlin, 4 de outubro de 2013 – A Document Foundation (TDF) anuncia LibreOffice 4.1.2, para Windows, Mac OS X e Linux. Esta é a segunda edición menor da familia 4.1, que concreta un largo número de melloras na interoperabilidade con formatos de ficheiro privativos ou herdados. A nova edición é outro paso adiante no proceso de mellora a superior calidade e estabilidade de LibreOffice 4.1. Para a adopción por parte das empresas, a Fundación Documento suxire LibreOffice 4.0.5 (coa 4.0.6 a punto de (…)
–
[LibO] LibreOffice