Levabamos xa un bo tempo pensando en solucionar un problema que se nos presentaba cada vez que queriamos facer un obradoiro de tradución de software. Normalmente nos espazos dispoñíbeis tiñamos que instalar todo o software preciso e isto adoitaba xerar dúbidas nos administradores dos equipos. Para solucionar este problema, pensabamos en dispor dunha ISO que puidera arrincarse, ben no inicio, ben nunha máquina virtual, sen ter necesidade de modificar o sistema operativo.
Outro posíbel uso da mesma é probar algunha ferramenta, que pensemos poida seren de utilidade para nós, sen necesidade de instalala ou que só precisamos para un uso esporádico.
Aproveitando a nova versión da GALPon MiniNo Ártabros (a 2.1) e a simplicidade para xerar unha ISO personalizada, e contando coa axuda desinteresada dos desenvolvedores da mesma, deseñamos unha distribución pensando só na tradución (realmente é unha personalización ou customización), na que incluír toda canta ferramenta e utilidade libre estiver dispoñíbel.
Unha das cousas que máis nos preocupaba era o consumo de RAM, xa que ao traballar en modo vivo (live), e tendo en conta que moitas das ferramentas de tradución traballan sobre Java, precisase canta máis RAM dispoñíbel mellor, e aí é onde a minino Ártabros é unha campiona.
Os desenvolvedores decidiron chamala minino-TTT (de Trasno Translation Toolkit ou Trebellos de Tradución de Trasno)
Neste momento temos dispoñíbel unha versión beta para que poidades probala e enviarnos as vosas suxestión:
- Minino-TTT.iso
- MD5 e92860290d1ff7f0939cc9208e91242d
- SHA1 840dbbb4d8fd8908fcd8568257bfc9eb2f36c3d1
Paquetes dispoñíbeis
- Ferramentas de uso xeral
- FileZilla
- VLC
- MPlayer
- Keepassx
- Libreoffice
- TaskCoach
- OpenProj
- gscan2pdf
- OCRFeeder
- Ferramentas de edición e comparación de textos/PDF
- Pluma
- Geany
- Texmaker
- Scribus
- BlueGriffon
- Kompozer
- Meld
- DiffPdf
- python-pdfminer
- Ferramentas especializadas para tradución de software
- GTranslator
- Lokalize
- POEdit
- QtLinguist
- Virtaal
- Utilidades especializadas para tradución de software
- translate-toolkit
- Potool
- Ferramentas de tradución xeral
- OmegaT
- OmegaT+
- Autshumato ITE
- Utilidades de tradución xeral
- TES
- LanguageTool
- LF Aligner
- TextSTAT
- TMXValidator
- XLIFFChecker
- Anaphraseus
- Open Language Tools
- Okapi Framework
- OmegaT plug-ins & utilities
- bitext2tmx
- translate-toolkit
- Petra REV
- Dicionarios e tradutores automáticos
- GoldenDict
- Apertium-tolk
- Vídeo/subtítulos
- Gnome Subtitles
- vobsub2srt
- subtitleeditor
- subtitleripper
- subtitlecomposer
- gaupol
- ccextractor
- aegisub – aegisub-l10n
- telxcc
- jubler
Podedes facer un DVD ou un USB. se decidides facer un USB non empreguedes unetbootin
ou similar, usade a orde:
[sudo] dd if=/enderezo/onde/tendes/a_imaxe of=/dev/sdX bs=4M
Lembrade, o dispositivo USB non será sdb1 ou semellante, senón o dispositivo «completo», ou sexa sdb.
(Nota: os usuario e contrasinal predeterminados son «trasno/trasno»)