No Proxecto Trasno continuamos coas xuntanzas que chamamos as «Trasnadas». Nestes eventos adicámonos a pechar debates sobre terminoloxía en tradución de software libre, debater novos eidos de traballo, pero especialmente, recibir a os que queirades comezar a traducir software libre ao galego.
Onde é?
A sexta trasnada, a Trasnada 13.o será este vindeiro día 12 de novembro en “O Ensanche” en Santiago de Compostela.
A sesión da mañá comezará as 11.00 e durará ata a 13.30. Está destinada a todos os que estamos no campo de localización e queiramos propoñer ou debater terminoloxía a empregar.
Na sesión da tarde (de 17:30 a 20:30) ensinaremos como configurar e preparar un proxecto de tradución de software libre, ou resolver dúbidas que precisedes.
En que consiste a trasnada?
A trasnada sérvenos como unha sesión de traballo para lograr acordos e planificar o futuro dos proxectos de localización nos que traballamos (ie., dende Debian, GNOME, KDE a LibreOffice). Como noutras ocasións, e buscando producir traducións de calidade, o tema de debate fundamental será a terminoloxía neste ámbito da tradución.
Por outra banda, será un espazo público ao que se pode achegar quen queira coñecer o proxecto ou colaborar connosco.
Pódese seguir a través da rede?
Os interesados no evento póden colaborar polas canles IRC do proxecto (#proxectotrasno en freenode). As novas que se vaian producindo iranse subindo aos nosos perfís nas redes sociais (véxase a sección de chíos no web). Estade moi atentos ás redes e animádevos a interactuar connosco ese día!.
As presentacións empregadas subiranse ao web con posterioridade e os resultados dos debates terminolóxicos publicaremolos despois da trasnada.
NOTA: Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Proxecto Trasno desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2013 da Xunta de Galicia.