Día da lingua materna 2021

Claro que non é só o TikTok! Iso é o que levamos décadas dicindo, e eses problemas, que non son técnicos, son solucionados moi facilmente utilizando software libre.

Estas empresas, fundadas para o lucro, que se permiten o luxo de determinar cando podemos utilizar o noso idioma e con quen, en que condicións, que se aproveitan dos usuarios que enchen con contidos de interese e de balde a súa rede, que confían na protección dos seu datos persoais, mil veces vulnerada pero logo recortan os seus dereitos políticos… por que son legais?

Unha empresa pode establecer a política cultural que se lle antolle, claro que si; pero se vulnera os dereitos dos consumidores-usuarios-cidadáns dunha sociedade, como é o caso aquí, temos o dereito e o deber de defendernos, a recibir o apoio das autoridades que teñen o poder lexítimo para evitar que estas empresas poidan operar no noso espacio e mercado democrático.

As empresas cometen erros, é normal, pero teñen que admitir que as reconduzan, teñen que someterse á lei e senón terán que se expulsadas. En que sociedade moderna se defende ou se xustifica hoxe o monolingüismo? Non é normal, non é a realidade, é política.

#Díadalinguamaterna

https://autonomico.elconfidencialdigital.com/asset/zoomcrop,1366,800,center,center/media/elconfidencialautonomico/images/2017/02/04/ECDIMA20170204_0003_1.jpgO 24 deste mes é Día de Rosalía de Castro, o espirito nacional contemporáneo do noso país, mañá é o Día da Lingua Materna, da lingua nativa e propia de Galicia é o luns é o Día dos Datos abertos.

#CoaForzadeRosalía, #DíadeRosalía

#aculturasegue

É un pracer celebrar o noso idioma sen límites nin falsos teitos de cristal.