Punto Gal e Proxecto Trasno xuntan forzas para a presentación no Culturgal do Firefox 64

Proxecto Trasno leva agora uns anos colaborando coa Asociación PuntoGal co fin de fomentar a visibilidade do galego na Internet. O dominio é unha marca de identidade e referencia para a lingua e a sociedade galega en calquera dos seus ámbitos respecto da comunidade internacional.
A comunidade de tradutores de software libre en galego leva desde sempre sendo unha comunidade aberta e integrada no ámbito dos grandes proxectos de desenvolvemento de software libre internacionais. Case sempre formando parte de equipos plurinacionais onde representamos e promovemos a presenza do noso idioma á par de calquera outro, demostrando asemade tanto a vivacidade da nosa lingua como a súa adaptación e perfecta adaptación en calquera contexto tecnolóxico.
Doutra banda, Proxecto Trasno, promove na nosa terra o coñecemento dos valores sociais e culturais do código libre, do movemento internacional de coñecemento aberto, de compartir e colaborar como métodos que son esenciais na nova sociedade do século XXI para o progreso colectivo.
Enrique Estévez, coordinador de Mozilla galego; Manuel González, presidente de Punto Gal e Antón Méixome, presidente de Proxecto Trasno na presentación en Culturgal 2018
Mozilla, en galego:
A actualización da aplicación nas súas versións 64 e 65 :
Da interface principal, traducíronse 1.795 cadeas, 13.037 palabras, en 102 ficheiros.
Ademais abordouse de maneira excepcional a tradución da ferramenta DevTools, fundamental para desenvolvedores, deseñadores, webmásters:
Traducíronse 1.314 cadeas, 4.928 palabras, en 40 ficheiros. Traducíronse case 5.000 palabras a maiores
Para as páxinas web de Mozilla
Traducíronse 511 cadeas, 5.618 palabras, en 24 ficheiros
Descargar a versión
Para Microsoft Windows temos tamén un instalador.
Estado actual da tradución dos produtos Mozilla:

Aproveitando esta actualización do navegador web máis importante en galego tamén se mellorou o sistema de creación e integración do corrector ortográfico da lingua baseado en tecnoloxía Hunspell.

https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/corrector-de-galego/

Compartir e colaborar coa comunidade Proxecto Trasno

Proxecto Trasno ofrece varios xeitos de poñerse en contacto entre os membros da comunidade

Como asociación sen ánimo de lucro tamén ten unha medio de comunicación entre os membros socios de Proxecto Trasno

  • Lista de correo de socios (socios@trasno.gal)

 

Hunspell para o galego: versión 18.07 «Francisco Mirás»

Dende o Proxecto Trasno informámosvos do lanzamento dunha nova versión do corrector ortográfico Hunspell para o galego.

A nova versión do corrector ortográfico Hunspell é a 18.07 «Francisco Mirás» en homenaxe ao primeiro estudoso que elaborou o que se pode chamar a primeira gramática galega. O desenvolvemento foi coordinado por Antón Méixome e con imprescindibles contribucións de Adrián Chaves. Ambos agradecemos á comunidade tamén as súas achegas. O dicionario contén agora 230.125 entradas e suxestións (fronte ás 85.974 da versión do ano 2013) polo que agardamos que siga sendo un apoio para todos aqueles que se preocupan pola calidade da nosa lingua.

Trátase pois dunha moi relevante actualización do corrector e que podemos empregar xa con LibreOffice, OpenOffice, Mozilla Firefox, Mozilla Thunderbird e Google Chrome. Funciona ademais noutros aplicativos privativos, como é o caso de Mac OSX, InDesign, memoQ, Opera e SDL Trados…

O corrector Hunspell é a única ferramenta de corrección ortográfica de código aberto que existe para o galego.

Nos próximos días iremos completando esta nova e publicando as correspondentes versións dos complementos que facilitan a instalación automática para LibreOffice, Firefox, Debian, etc.

De momento… e para os que os que queiran probar os ficheiros base de corrección ortográfica, pódese descargar o seguinte arquivo: hunspell.zip  Contén os ficheiros .aff e .dic que deben substituír aos que teñas instalados (normalmente haberá que renomealo para que teñan o nome canónico, así gl.dic > gl_ES.dic e gl.aff > gl_ES.aff).

  • Paquete debian de test:  hunspell-gl-es_18.07~beta-0ubuntu1_all (descargar e extraer o .deb do arquivo zip). Descargalo en facer dobre clic sobre el para lanzar o administrador de software.
    • A instalación manual en Ubuntu consiste en situalos en

/usr/share/hunspell/gl_ES.aff
/usr/share/hunspell/gl_ES.dic

 

Nota: é unha versión beta, polo que de xurdir algún problema, agradecemos que nolo comuniquedes en comentarios desta nova

1 3 4 5 6 7 41