Forma de trato ao traducir

Ao traducir un programa, onde unha máquina se comunica cunha persoa, por regra xeral:

  • Usa formas impersoais.
    • Could not find a match
      • Non se atopou unha coincidencia
      • [Cfr. *Non atopei unha coincidencia]
  • Trata de vostede.
    • Open a web browser
      • Abra un navegador web
      • [Cfr. *Abre un navegador web]

Porén, nos seguintes casos é mellor tratar de ti:

  • Cando o texto orixinal personalice intencionalmente o programa.
  • En xogos e programas para a infancia.
  • En documentación, onde a comunicación é entre persoas.