Normalización de vocabulario

Na tradución de software cómpre ser consistente no uso de palabras. Cada concepto debe traducirse sempre coa mesma palabra, aínda que en galego existan varias opcións igual de válidas.

O glosario cubre a maioría das escollas do Proxecto Trasno asociadas a conceptos específicos. Este documento recolle escollas que non se poden ligar a un concepto concreto ou que corresponden a palabras sinónimas ligadas a moitos conceptos.

-bel/-ble

Nos casos nos que o galego admite as terminacións -bel e -ble para unha palabra, use a forma rematada en -bel.

Por exemplo:

UseNon
posíbelposible
estabelecerestablecer

Acordado na Trasnada 11.0.

dende/desde

Use «desde» en vez de «dende».

Acordado na Trasnada 11.0.