LibreOffice 4.0.4 (derradeira) e Concurso de Caza de Erros

Berlin,19 de xuño, 2013 – A Document Foundation (TDF) anuncia LibreOffice 4.0.4, para Windows, OS X e Linux, a cuarta versión menor da familia de LibreOffice 4.0 e a derradeira antes do anuncio da gran LibreOffice 4.1 a finais de xullo. LibreOffice 4.0.4 acada moitas melloras na área de interoperabilidade con formatos de documentos privativos. Esta actividade constante está sendo un bo instrumento para a elección de LibreOffice por todos os grandes proxectos de migración desde principios de (…)


[LibO] LibreOffice

A Document Foundation anuncia LibeOffice 3.6.6

Berlin, April 11, 2013 – A Document Foundation (TDF) anuncia LibreOffice 3.6.6, para Windows, MacOS e Linux, dirixida a empresas e usuarios finais que prefiren estabilidade antes que funcionalidades máis avanzadas. Esta nova edición diríxese ao crecente número de organizacións que están migrando a LibreOffice, que está amplamente medrando por todo o mundo. Os usuarios de LibreOffice, promotores do software libre e membros da comunidade poden apoiar a Document Foundation cunha doazón. Hai unha (…)


[LibO] LibreOffice

Manual de Writer en galego

Como celebración do Día Internacional da Liberdade dos Documentos do ano 2013, aproveitamos para ofrecer libremente estas 469 páxinas cheas de información sobre como sacarlle partido a fondo ao mellor procesador de textos de software libre, Writer. Este manual é froito de centos de horas de traballo voluntario fornecido pola comunidade e outros colaboradores.

Dereitos de autor

Este documento está protexido por dereitos de autor a nome dos seus colaboradores. Pódese distribuír ou modificar conforme os termos da licenza GNU (http://www.gnu.org/licenses/gpl.html), versión 3 ou posterior, ou tamén da Creative Commons Attribution License (http://creativecommons.org/licenses…), versión 3.0 ou posterior.

Atribución da adaptación ao galego tanto de textos como de imaxes e gráficos

  • Manuel María Veiga Lombardía
  • Xavier Valverde Alonso
  • Antía Veres Gesto
  • Emma García Bértoa
  • Leandro Regueiro Iglesias
  • Miguel Anxo Bouzada Fernández
  • Xosé Antón Gómez Méixome
  • Miguel Blanco Vázquez
logoGETLT

E, malia que a atribución de autoría debe ser individual non podemos deixar de facer un recoñecemento especial aos membros do grupo GELTL da Uvigo por involucrase a fondo coa comunidade LibreOffice galega na coordinación dos tradutores (Marta Veiga) e na propia xestión da colaboración (Óscar Díaz Fouces) que resultou exemplar e nos gustaría ver reiterada no futuro.

Celebración do Día da Liberdade dos Documentos: migrar a LibreOffice

Berlín, 27 de marzo de 2013 – A Document Foundation, a comunidade independente de software libre que apoia o desenvolvemento de LibreOffice, celebra o DFD (Document Freedom Day) 2013 co lanzamento dun «libro branco» sobre as migracións a software libre, dirixido a organizacións gobernamentais e empresas que aínda caen na trampa do bloqueo do software privativo. Vexa o LIBRO BRANCO da migración a LibreOffice para promover a liberdade no software e no documento. Conforme o libro branco, as (…)


Novas e anuncios

1 3 4 5 6 7 9