O equipo de Lingua Nativa de LibreOffice e OpenOffice en galego queren ofrecer esta humildísima homenaxe a todas as persoas que foron vítimas do accidente de ferrocarril ocorrido en Santiago de Compostela na tarde-noite do 24 ao 25 de xullo de 2013, Día da Patria Galega, xusto cando tiñamos todas as esperanzas e motivos para celebrar uns días de festas e de encontros familiares. Sumámonos ao loito colectivo agora, suspendendo discretamente toda a nosa actividade de divulgación. Por outra parte, (…)
Categoría: Uncategorised
LibreOffice 4.1: Un fito da inteoperabilidade
Galería con imaxes de presentación das novas funcionalidades: Berlin, 25 de xullo, 2013 – A Fundación Documento anuncia LibreOffice 4.1, non só a mellor senón tamén a máis interoperable suite ofimática de todos os tempos. LibreOffice 4.1 realiza un largo número de melloras na área da compatibilidade dos documentos, o que incrementa as oportunidades de compartir coñecemento cos usuarios de software privativo mentres se mantén o deseño orixinal e os seus contidos. A interoperabilidade é un asunto clave (…)
–
[LibO] LibreOffice
OpenOffice 4.0 en galego
Por fin está dispoñible unha nova edición de Apache OpenOffice. A nova suite de OpenOffice que leva o número 4.0 é unha auténtica anovación da máis importante suite ofimática de código aberto en varios aspectos, entre os que salientamos: Unha nova interface que incorpora a Barra lateral, unha auténtica panoplia de utilidades para controlar as propiedades do documento que tira moito maior proveito da habituais pantallas amplas dos nosos días. Unha moi mellorada interoperabilidade cos documentos de (…)
–
[AOO] Apache OpenOffice
LibreOffice 4.0.4 (derradeira) e Concurso de Caza de Erros
Berlin,19 de xuño, 2013 – A Document Foundation (TDF) anuncia LibreOffice 4.0.4, para Windows, OS X e Linux, a cuarta versión menor da familia de LibreOffice 4.0 e a derradeira antes do anuncio da gran LibreOffice 4.1 a finais de xullo. LibreOffice 4.0.4 acada moitas melloras na área de interoperabilidade con formatos de documentos privativos. Esta actividade constante está sendo un bo instrumento para a elección de LibreOffice por todos os grandes proxectos de migración desde principios de (…)
–
[LibO] LibreOffice