Como colaborar con Proxecto Trasno

Calquera, teña o perfil de habilidades que teña, pode achegar a súa area para mellorar a presenza da lingua na rede. Traballamos sempre sobre a base do que achegamos en calidade de voluntarios e voluntarias. Somos absolutamente independentes e autónomos. Algunhas posibilidades que serían colaboracións de interese en Proxecto Trasno:

Tradución e corrección

Desenvolvemento

Queres axudar a traducir ou corrixir software? Abonda con ter un bo galego e ganas de axudar a estandarizar un galego de calidade para as interfaces dos programas. Se queres programar, temos ferramentas útiles para o idioma que estamos desenvolvendo e sempre necesitamos automatizar tarefas na comunidade. Proxecto Trasno traballa en íntima relación cos principais proxectos internacionais de software libre e formamos un colectivo coñecido e de referencia internacional no noso idioma.

Coordinación de encontros e actividades

Deseño gráfico e márketing

Cando podemos, organizamos xornadas de tradución e formación en universidades e centros escolares, ou encontros para fixar acordos ás que chamamos Trasnadas ou de colaboración con outros grupos – e viríanos moi ben xente que poida axudar na súa organización. Deseñar campañas de promoción do software libre, difusión do galego nas redes e o noso propio sitio web necesita sempre ter unha comunicación verbal e gráfica adecuada aos nosos tempos e gústanos experimentar.
Ademais, traballamos sempre con software de deseño, edición e con formatos estándar abertos. Se podes achegar recursos gráficos, a que esperas?

Xestión de contidos

Creación de notas públicas no web e no foro, anuncios, responder á comunidade, crear páxinas de axuda. Ordenar os recursos. Sabemos aprecialo e non todo o mundo valemos para todo. Se ti sabes facelo, estamos esperándote.
Contacto:  proxecto@trasno.gal | @proxectotrasno | @proxectotrasno | Telegram

 

Trasno nos XVIII Encontros de Normalización Lingüística do CSDG

Proxecto Trasno presentou uns paneis explicativos do seu traballo aos técnicos de normalización, profesores dos equipos de NL dos Centros educativos e persoas vinculadas coa promoción do galego entre a xuventude.

Entre os relatores dos encontros tamén houbo quen nos tivo en conta como modelo de creación de oportunidades para o galego para a xente nova.

IMG_20160415_192201754 IMG_20160415_192219869 IMG_20160415_192141748

Grazas ao Consello da Cultura e ao Centro de Documentación Sociolingüística polo convite.

Proxecto Trasno