Máis que palabras unha imaxe que di case… todo. A comunidade de galeguización de software libre de Ubuntu, O Ubuntu Galician Team que está integrado en gran medida por membros tamén de Proxecto Trasno acada o 14 lugar entre todos os idiomas do mundo en completar a máis popular distribución GNU/Linux, como resultado do seu esforzo constante e de longo prazo sen máis axudas que as achegas voluntarias dos seus membros. Pero necesitamos máis colaboración. Únete ao equipo para completar o que nos falta.
Categoría: Ubuntu
Ubuntu 12.04 “Precise Pangolín” xa dispoñíbel en galego
Proxecto Trasno ten o pracer de presentar un dos grandes fitos do software libre en galego. A nova versión 12.04 LTS de Ubuntu, que terá actualizacións durante os vindeiros 5 anos, relevando así á versión LTS 10.04, co que a comunidade galega de tradución ao software libre vinculada a Proxecto Trasno cerra un círculo de ampliación e mellora constante da presenza do galego na máis popular das versións de GNU-Linux do mundo.
Nesta nova versión o galego segue a estar entre as linguas que acadan un maior nivel de adaptación, localización, á súa comunidade de referencia (18ª entre as únicas 40 do mundo en que se considera traducida completamente), malia o pequeno número de voluntarios incorporados ultimamente a este esforzo, o que impide completar o proceso dese 96% ata o 100%, como sería óptimo é desexable.
Con esta versión queremos, pois, facer un chamamento público a todos e todas os que cun pouco de interese e constancia poderían supoñer o necesario relevo para manter neste privilexiado nivel unha das máis transcendentes obras colectivas de tradución de software de Galicia, xa que en Ubuntu conflúen moitos dos esforzos de varios dos aplicativos en galego máis populares (Firefox, Thunderbird, Gnome, KDE, LibreOffice, etc).
E resulta ben doado, non hai máis que poñerse en contacto con nós a través da lista de correo (http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto) ou das canles en Facebook ou Google+ por exemplo e serviremos gustosamente de compañeiros e guías ou, mellor aínda, directamente no UGT (Ubuntu Galician Translators)
Xa ora, veña, a actualizarse!!
Sobre as novidades e aspectos concretos remitímosvos á nota de prensa oficial de Canonical, empresa responsable de Ubuntu:
Ubuntu 12.04 LTS ten como obxectivo conquistar o escritorio empresarial
● Enfocado á área de traballo da empresa, o novo Ubuntu 12.04 LTS é o único sistema operativo que combina unha plataforma open-source libre con cinco anos de actualizacións garantidas e a opción de asistencia comercial.
● Grazas a Unity, o seu IGU (interface gráfico de usuario) exclusivo, ademais de aplicativos de ofimática nativos e asistencia para solucións de virtualización de escritorio líderes, que lles permite aos usuarios traballar máis produtivamente sobre o recentes PC, portátiles e clientes lixeiros.
Londres, 26 de abril de 2012:
Canonical lanzou Ubuntu LTS 12,04 para o escritorio. Significa a cuarta versión de edición de longo prazo (LTS) do sistema operativo favorito do mundo libre, con actualizacións de mantemento garantidas por cinco anos. Ubuntu 12.04 LTS inclúe capacidade para virtualización de escritorio de Citrix e VMware, xunto a Microsoft RDP 7.1. Isto significa que os usuarios corporativos teñen agora unha selección de tres vías para a produtividade da oficina: entrega remota de aplicativos de escritorio, solucións baseadas na nube a través do navegador como Google Docs ou nativas, coma a suite LibreOffice compatíbel con Microsoft que ven preinstalada. Para as entidades que afrontan actualizacións custosas para o Windows 7, Ubuntu LTS 12,04 representa unha alternativa moito máis económica. “Para implantacións de grandes empresas con procedementos planificación de longo prazo, Ubuntu LTS 12,04 é o noso mellor ambiente de traballo”, segundo Jane Silber, CEO de Canonical. “Grazas áo noso extenso conxunto de asociacións respecto do hardware, imos facer actualizacións regulares para apoiar os novos PC a partir de socios certificados como Dell, HP e Lenovo. E imos apoiar aínda máis a empresas que fagan o cambio a Ubuntu nos seus escritorios.” Novo para os que actualicen a partir da última versión LTS será Unity, a interface de Ubuntu de usuario único. Tras moitas horas de probas con usuarios, foi mellorada aínda máis, para mellorar o día a día de produtividade a principiantes e expertos. “A migración de todos os usuarios existentes de Ubuntu 10.04 á versión Ubuntu LTS 12,04 é algo que estamos ansiosos de lanzar e recoller os beneficios da facilidade de uso e funcionalidade adicional incorporada no ámbito de traballo do escritorio Unity” – PaweĹ Zieba, Consultor Senior das TIC Innovación da Capgemini BPO. Canonical fornece asistencia comercial opcional para Ubuntu LTS 12,04 en forma de Vantaxe Ubuntu. O programa ofrece aos clientes corporativos unha selección de dous niveis de asistencia, xunto co acceso á administración Landscape ferramenta de aforro de tempo, que inclúe a conformidade, auditoría e recursos de xestión de recursos para grandes implantacións de escritorios. A diferenza doutras distribucións Linux, os clientes de Ubuntu teñen a opción de incluír a súa implantación masiva no contrato de asistencia, ou só un subconxunto que seleccione. Grazas á estreita relación de Canonical cos principais OEM, Ubuntu LTS 12,04 xa está certificado para funcionar en máis de 20 ordenadores portátiles e de escritorio, con moitos máis a seguir nas semanas que virán. Políticas rigorosas se implantaron para optimizar as pezas clave do código nos últimos dous anos. Como resultado, Ubuntu 12.04 LTS é máis robusto que nunca, arrinca aínda máis rápido que o seu antecesor e prolonga a duración da batería do portátil de forma significativa. |
· Descargue Ubuntu LTS 12.04 hoxe en: www.ubuntu.com/download
· Faga un percorrido por Ubuntu LTS 12,04 en: www.ubuntu.com/tour
· Saber o que hai de novo en Ubuntu LTS 12,04 en: www.ubuntu.com/ubuntu/whats-new
· Vexa as principais características de Ubuntu 12.04 LTS e capturas de pantalla en: www.ubuntu.com/ubuntu/features
· Vexa unha lista de máquinas certificadas en www.ubuntu.com/certification
Agasallo do equipo de tradución de Ubuntu á comunidade galega para celebrar o 17 de maio
Cando rematamos o proceso previo para a publicación da versión 11.04, propuxémonos facer un esforzo para acadar un maior nivel de tradución do «total» da distribución (a interface xa estaba ao 100%) e ir subindo postos no listado de idiomas traducidos.
Cando rematamos a fase antedita, ocupabamos a posición 17 a 6.300 liñas do seguinte idioma, e ese era o noso reto, sen esquecer que os outros idiomas tamén seguen a traducir, polo que estimabamos que necesitariamos arredor das 10.000 liñas novas.
Outro obxectivo que levabamos de vello, era acadar a posición 15 (o que requiría outras 3.000 liñas máis) nese listado, e despois acadar o 70% do total traducido.
Puxémonos man a obra e hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas podemos informarvos de que acadamos todos os nosos obxectivos. Estamos na posición 15 e cun 70% traducido.
Debemos ter en conta que por cousas da demografía e do pouco apoio institucional, somo un dos equipos máis pequenos, polo que o noso esforzo tiña que ser moi grande.
Ubuntu 11.04 coa súa interface, unha vez máis, ao 100% en galego
Semella sinxelo, mais o traballo e moito, máis nesta versión en que Ubuntu cambia ao contorno de escritorio «Unity», porén, unha vez máis, o esforzo pagou a pena.
Certamente temos unha comunidade de tradución que merece todos os nosos parabéns, sendo de xustiza lembrar as excelentes relacións entre todos os equipos que conforman o Proxecto Trasno e que tamén teñen a súa parte importante neste logro, como son os equipos de Gnome, LibreOffice, Firefox, LXDE, KDE, etc…