Nova versión de Apache OpenOffice

Descarga

Apache OpenOffice 4.1.4 é unha edición de mantemento que incorpora importantes corrección de código, melloras na seguranza, actualizaciónd e dicionarios, etc. Todos os usuarios de de Apache Open 4.1.3 ou anteriores debería actualizar a súa versión.

Melloras

  • Varias actualizacións de dicionarios
  • Correccións nas traducións da interface de usuario
  • Correccións de código
  • Mellorar de seguranza
  • Gráficas e logos actualizados (new Apache feather)
  • Melloras nas ferramentas de compilación (para desenvolvedores)
  • OpenOffice 4.1.4 é compatible está dispoñible nos mesmos idiomas que as versións previas:

    Traducións actualizadas dispoñibles en Apache OpenOffice 4.1.4:

    Basque (eu) Galician (gl) German (de)
    Hebrew (he) Norwegian (nb) Valencian RACV (ca-XR)
    Valencian AVL (ca-XV) Swedish (sv)

Os fillos de OpenOffice.org: OpenOffice 4.0 e LibreOffice 4.1, facéndose maiores

openoffice-orgA Fundación Apache anuncia a publicación da súa edición 4.0, que é a primeira versión pública desde hai 18 meses cun feixe de novidades entre as que salienta a nova barra lateral herdada da suite de IBM Lotus Symphony e melloras no tratamento de ficheiros antigos, gráficos e imaxes que se integran respectando transparencias, fondos e novas funcións de compatibildade da folla de cálculo, entre outras moitas que recomendamos consultar consultar na Nota de edición

Ao grupo de tradución ao galego prácelle anunciar que está dispoñible para o seu uso coa interface 100 % traducida ao galego e que se pode descargar desde o web oficial do proxecto que xa integra a nova imaxe de marca desta suite que foi durante moitos anos a principal referencia de software de produtividade ofimática de código aberto.

Pola súa parte, The Document Foundation, responsable da suite libre de oficina LibreOffice, tamén publica a súa nova versión 4.1 que incorpora melloras para a compatibilidade entre ficheiros de formato privativo e un gran número de novas funcionalidades como a rotación de imaxes, o asistente de creación de álbums de fotos e a moi agardada incorporación dos tipos de letra no ficheiro de exportación para evitar desaxustes de presentación cando se abren os documentos noutros equipos distintos do que utilizamos para crear documentos e arranxos derivados da caza de erros que tivo lugar durante este pasado mes.

Todo está perfectamente explicado na páxina de funcionalidades da 4.1 e no wiki de LibreOffice que mantemos os membros o NL galego. Os usuarios galegos tamén teñen á súa disposición LibreOffice traducido completamente nesta nova versión e para calquera dos principais sistemas operativos de escritorio: Linux, Mac e Windows

Facéndose maiores… fronte a unha competencia estancada

Apache OpenOffice 3.4 ve a luz

O proxecto Apache OpenOffice Apache anuncia a dispoñibilidade da Apache™ OpenOffice 3.4, a primeira versión do OpenOffice baixo o goberno da Apache Software Foundation.

Apache OpenOffice é a principal suite de ofimática de escritorio de código aberto, con máis de 100 millóns de usuarios en todo o mundo tanto domésticos, empresas, gobernos, investigadores e ambientes académicos, en 15 idiomas. Apache OpenOffice 3.4 está dispoñíbel para descargar gratis.

Esta nova versión é, pois, un fito transcendental para o OpenOffice despois dun ano de traballo en silencio e cando todo indicaba, tras o abandono de Oracle, que o proxecto OpenOffice podía darse por pechado. A comunidade de tradutores de software ao galego presenta orgullosamente a nova de que o galego está entre o reducido número de 15 idiomas nos que se ofrece unha versión nativa completa.

O galego está entre as primeiras 16 linguas nas que sairá o Apache OpenOffice 3.4

O Apache OpenOffice 3.4 RC está dispoñible en galego a canda outra 15 linguas como o árabe, xaponés ou portugués brasileiro. Márcase de novo un fito, conseguido polo grupo de localización de LibreOffice e Apache OpenOffice.

Para colaborar na galeguización de OpenOffice e LibreOffice, traducindo ou informando de erros, contacta co seu coordinador Antón Méixome.

1 2