Mozilla Firefox 4 en galego!

Mozilla Firefox 4 está dispoñíble dende onte para a descarga. Logo de meses de traballo e varias versións de proba, o navegador libre máis popular avanza a unha nova versión na que se inclúen importantes melloras.

Grazas ao esforzo do equipo de tradución de Mozilla ao galego, esta nova versión sae, de novo, totalmente na nosa lingua. Dende o equipo de Mozilla ao galego tamén nos chega o traballo no engadido de corrector ortrográfico, que nos últimos meses recibiu importantes melloras no seu funcionamento. Os nosos parabéns aos voluntario/as do proxecto!.

Só incidir, que os equipos de localización precisan de máis voluntarios, tamén o de mozilla. Anímate a contribuír e contacta connosco.

Descarga dende aquí o Firefox 4. 

Traducións dos productos Mozilla

O grupo de tradución ao galego dos aplicativos de Mozilla ven de publicar na súa web (http://galician.mozdev.org/) as ligazóns das vindeiras versións (aínda en probas) do Thunderbird e Firefox.

Co cambio da coordinación (hai xa máis de 6 meses), agora a cargo de Enrique Estévez Fernández, os de Mozilla estanlle a pór as cousas difíciles, máis a tradución de ámbolos produtos a día de hoxe, está ao 100% grazas ao mantemento realizado polo coordinador desde que asumiu a coordinación, este é quen está a soportar practicamente todo o traballo de mantemento das traducións, xestión, contacto cos de Mozilla…

Actualmente pode ollarse que as traducións están libres de erros, isto pode verse na propia páxina de Mozilla http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl.

Con toda esta gran labor esperamos que os de Mozilla respondan e poidamos dispor das vindeiras versións do Firefox e máis do Thunderbird en galego nos paquetes oficiais.

1 2 3 4