Nova rolda de coordinación das traducións ao galego do GNOME

Logo dun proceso de votación dentro do grupo de tradutores de GNOME ao galego xa fai uns cantos meses e trala súa solicitude, a GNOME Foundation acaba de concederlle ao grupo de tradutores a rolda oficial gnome-gl-list almacenada nos seus servidores.

O novo enderezo da rolda é: http://mail.gnome.org/mailman/listinfo/gnome-gl-list 

Para enviar mensaxes a esta rolda pódese enviar un correo ao enderezo: gnome-gl-list en gnome.org.

Esta nova rolda ven a substituír a antiga rolda gnome@g11.net e pasará a ser o punto central de discusión e desenvolvemento do GNOME en galego usando a mesma infraestrutura que os compañeiros doutros idiomas levan usando dende fai bastante tempo.

O propósito desta rolda é ser o punto central onde os usuarios de GNOME en Galego poidan enviar erros de tradución e para os integrantes do grupo ter un punto centralizado de coordinación das traducións. Ademais ao estar aloxados nos servidores de GNOME permitimos que os membros ou supra-coordinadores de GNOME poidan ter un acceso directo connosco.

Nos vindeiros días tentarase importar as anteriores mensaxes que estaban en primeira instancia na rolda de Mancomun e na actual gnome en g11n.net

Contorno de escritorio GNOME

Que é GNOME?

GNOME é un entorno de escritorio para plataformas Unix|Linux, empregando como base as librerías GTK+ o que permite ter un entorno amigable e sinxelo para o usuario. Este escritorio ten unha competencia amigabel con KDE, que é outro escritorio moi importante no software libre. Os dous traballan concienzudamente para mellorar as prestacións para os usuarios e para os desenvolvedores de aplicacións; cada 6 meses GNOME lanza unha nova versión do seu escritorio con melloras e correción de erros. GNOME ten unhas aplicacións importantes dentro do seu proxecto pero que non forman parte do seu sistema base como pode ser o GIMP, programa de manipulación de imaxes, Anjuta, IDE de programación….

Quen coordina o grupo galego?

O coordinador actual do grupo de tradución a galego é Fran Diéguez. Podes contactar con el no seu enderezo de correo electrónico.

Como podo axudar?

Se queres colaborar na tradución dalgún paquete,terás que contactar co coordinador para que faga a asignación. Non esquezas mirar a páxina de recursos para os tradutores.

Tamén é importante a axuda dos que comunican os erros de tradución. Se atopas un, escribe ao coordinador, á lista, ou mesmo no bugzilla de GNOME.

Que hai mal na tradución?

Este apartado da páxina é para que o editedes. Para que poñades todos os erros, ou cousas que pensades que poderían estar mellor na tradución dalgún programa.

Memorias de tradución

Na seguinte páxina podedes atopar as memorias de tradución de Gnome.

Estado da tradución

Se tes interese de ver o estado actualizado das traducións podes pasarte por http://l10n.gnome.org/teams/gl

Táboas de estatísticas:

  • Gnome 3.0 – versión de desenvolvemento
  • Gnome 2.30 – versión estábel actualmente (marzal de 2010) co 100% de tradución realizada
  • Gnome 2.28 – versión obsoleta co 99% de tradución.
  • Extras/Fifth toe/Office: Programas que forman parte do proxecto GNOME pero que non son parte do sistema base: Opcionais

Historia do grupo de tradución

  • Setembro de 1999: O equipo de traducion galego fíxose oficial no GNOME Translation Project, con Jesús Bravo Álvarez como primeiro coordinador.
  • Abril de 2001: Apareceu a versión 1.4 de GNOME, a primeira con soporte parcial de galego.
  • Xuño de 2005: Nacho tomou a tarefa de coordinación, tras varios meses como principal contribuidor de traducións.
  • Setembro de 2005: Aparece GNOME 2.12, a primeira versión completamente soportada en galego.
  • Marzo de 2006: Sae GNOME 2.14, versión totalmente actualizada e corrixida.
  • Outubro de 2006: Traducida a versión de GNOME 2.16.
  • Marzo de 2007: Gnome 2.18; Como sempre Gnome segue estando traducido ao galego.
  • […]
  • Febreiro de 2010: Fran Diéguez toma o relevo da coordinación do GNOME logo de ter colaborado no proxecto por algo máis de 2 anos.
1 3 4 5