A primeira páxina web da historia

Tim Berners LeeEn homenaxe a Tim Berners Lee, o CERN e como celebración do XX aniversario do nacemento da Web, presentamos a versión galega da primeira páxina web da historia – respectando, si – a peculiar linguaxe de código.

Para nós resulta tamén de capital importancia o feito de que a web nace para ser libre e para todos. Tanto o código para máquina, o do visualizador, como o das páxinas deste libro ofrécense como tecnoloxía libre de pago (royalty-free basis) co fin de compartir información.

Facemos tamén esta páxina para celebrar a apertura da 4ª versión do sitio web de Proxecto Trasno, que ten como obxectivo ser máis accesible, interactuar máis coa comunidade e facilitar no posible o labor dos trasnegos, sempre atarefados, estrebillando…

Xa, xa se ve que non parece gran cousa pero así comezou todo. Como un proxecto de infraestrutura científica, a World Wide Web, que Tim concebiu como área hipermedial creou e difundiu tamén unha nova terminoloxía en inglés, novos conceptos que inauguran este novo mundo e que nós queremos navegar en galego…

Desde que Gütemberg (1454) publica a primeira edición da biblia Vulgata e os galegos dispuxemos dunha na nosa lingua pasaron … a tira de anos (1989). Con ela abriu a «era da imprenta» igual que o proxecto desenvolvido no Cern por Tim inaugurou a «era da web» na que a información trascende o soporte e as pantallas pasan a ser a interface dominante da interacción cultural, científica e social, o hipertexto.

O galego adaptouse a esta nova era rapidamente como lingua viva sobre os novos horizontes: tomou préstamos (web) ou adaptou (hipermedia), creou palabras (preguntas e respostas correntes,
política de normas), deulle novo sentido e uso a outras (páxina, navegador, servidor)…

Para ampliar e e saber máis, recoméndase este artigo con moitos máis detalles de interese : http://www.poramoralaciencia.com/2013/04/30/20-de-anos-de-la-web-abierta-y-libre/

1 2