Firefox traducido ao completo a galego

Estamos encantados de anunciar que Firefox está agora totalmente traducido ao galego!

Firefox é un navegador independente desenvolvido por Mozilla, unha fundación sen fins lucrativos que loita polos dereitos na rede, mantén baixo control os poderes corporativos e fai que a Internet sexa accesíbel para todos e en calquera lugar.