Desde a aparición da última actualización de Telegram, versión 5, é posible instalar un paquete de traducións de idiomas entre eles o galego.
A tradución ao galego de Telegram leva tempo feita pola comunidade de voluntarios pero sempre se pode perfeccionar polo que sae aínda en versión beta, totalmente completa e funcional.
Se queredes poñer o Telegram en galego, tedes que abrir esta ligazón desde o propio Telegram
https://t.me/setlanguage/gl-beta
Tamén é válida para a versión escritorio, Telegram Desktop
E xa:
Aplicado en iOS & Mac – funciona perfectamente pese á beta.
Bo traballo!