Punto Gal e Proxecto Trasno xuntan forzas para a presentación no Culturgal do Firefox 64

Proxecto Trasno leva agora uns anos colaborando coa Asociación PuntoGal co fin de fomentar a visibilidade do galego na Internet. O dominio é unha marca de identidade e referencia para a lingua e a sociedade galega en calquera dos seus ámbitos respecto da comunidade internacional.
A comunidade de tradutores de software libre en galego leva desde sempre sendo unha comunidade aberta e integrada no ámbito dos grandes proxectos de desenvolvemento de software libre internacionais. Case sempre formando parte de equipos plurinacionais onde representamos e promovemos a presenza do noso idioma á par de calquera outro, demostrando asemade tanto a vivacidade da nosa lingua como a súa adaptación e perfecta adaptación en calquera contexto tecnolóxico.
Doutra banda, Proxecto Trasno, promove na nosa terra o coñecemento dos valores sociais e culturais do código libre, do movemento internacional de coñecemento aberto, de compartir e colaborar como métodos que son esenciais na nova sociedade do século XXI para o progreso colectivo.
Enrique Estévez, coordinador de Mozilla galego; Manuel González, presidente de Punto Gal e Antón Méixome, presidente de Proxecto Trasno na presentación en Culturgal 2018
Mozilla, en galego:
A actualización da aplicación nas súas versións 64 e 65 :
Da interface principal, traducíronse 1.795 cadeas, 13.037 palabras, en 102 ficheiros.
Ademais abordouse de maneira excepcional a tradución da ferramenta DevTools, fundamental para desenvolvedores, deseñadores, webmásters:
Traducíronse 1.314 cadeas, 4.928 palabras, en 40 ficheiros. Traducíronse case 5.000 palabras a maiores
Para as páxinas web de Mozilla
Traducíronse 511 cadeas, 5.618 palabras, en 24 ficheiros
Descargar a versión
Para Microsoft Windows temos tamén un instalador.
Estado actual da tradución dos produtos Mozilla:

Aproveitando esta actualización do navegador web máis importante en galego tamén se mellorou o sistema de creación e integración do corrector ortográfico da lingua baseado en tecnoloxía Hunspell.

https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/corrector-de-galego/