A comunidade galega de tradutores voluntarios de software libre «Proxecto Trasno», manifestamos o noso dó polo pasamento de Ian, pioneiro e fundador de Debian, un dos proxectos nos que traballamos e que nos animaron a reunirnos en comunidade aberta desde hai 15 anos co fin de acadar un sistema operativo universal para a súa adaptación á nosa lingua e sen dúbida a máis importante e influente distribución de código aberto ao longo do tempo.
Non só o software senón, sobre todo, os principios e as ideas de cooperación, a de compartir recursos e coñecemento na procura dun mundo máis libre, seguro e democrático seguirán entre nós como apreciada herdanza. Por iso, queremos agradecer o seu traballo en tantas iniciativas innovadoras estando certos de que seguirán dando os mellores froitos nas mans dos miles de usuarios e desenvolvedores que desde hoxe lle darán continuidade.
Proxecto Trasno
O software libre, como medio tecnolóxico transcendental da nosa época ten a súa historia: A título de homenaxe aquí reproducimos a mensaxe de anuncio da creación de Debian (Agosto 1993):