De novo o Proxecto Trasno comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.8. Esta última actualización de GNOME 3 representa 6 meses de duro traballo do Proxecto GNOME.
Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100% e estendémolo a tradución da documentación a máis módulos, chegando ao 48%.
3.8 é o resultado de 6 meses de traballo do Proxecto GNOME e contén 35936 contribucións de aproximadamente 960 persoas. Onde se puxo un especial enfoque en pulir os pequenos problemas e facer o sistema máis consistente.
Se está interesado en axudarnos a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.
Que hai de novo en GNOME 3.8
GNOME 3.8, como o seu predecesor, ven completo de melloras na interface de usuario. Conta con un gran número de novas funcionalidades, incluíndo unha Vista xeral de Actividades máis potente e pulida, a integración total das orixes de entrada para usar diferentes idiomas e tamén incorpora outras pequenas melloras. En conxunto, todos estes cambios fan de GNOME 3 un escritorio aínda mellor.
Entre as melloras poderíamos destacar:
- Vista xeral de actividades: mellorouse aínda máis a forma de buscar elementos no seu computador. Agora a vista de actividades pode buscar ficheiros no seu computador, paneis de preferencias e contactos, ademais da tradicional busca de aplicativos instalados.
- Privacidade e compartición: Como parte do obxectivo de protexer a privacidade dos nosos usuarios, 3.8 inclúe un conxunto de preferencias de privacidade e compartición, as cales lle permiten controlar quen accede ao contido no seu computador, canta información persoal se mostra na pantalla e que características que vixían a súa actividade están activadas.
- Renderizado de animacións mellorado: GNOME 3.8 obtivo un progreso tecnolóxico significativo na forma que os gráficos animados se renderizan. Ao mellorar a coordinación entre os compoñentes responsábeis de mostrar gráficos animados, acadouse unha incríbel mellora de eficiencia e rendemento.
- Detalles: inclúese un gran número de pequenos arranxos e melloras. Arranxáronse moitos detalles para fornecer unha experiencia máis pulida. Destacamos a inclusión de as novas transicións animadas, melloras visuais e arranxos de usabilidade. Algunhas destas melloras foron parte da iniciativa “Cada detalle importa”, que arranxou preto de 60 erros durante o ciclo de desenvolvemento de 3.8.
- Modo clásico: Para todos aqueles que votan de menos o modo de experiencia de escritorio tradicional de GNOME 2, en 3.8 engadiuse de volta construído completamente con tecnoloxías de GNOME 3.
- E moitas outras máis
Novidades na tradución ao Galego
Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación. Grazas a este traballo alcanzamos o 48% da documentación traducida ao galego.
- Tradución dos aplicativos de GNOME: Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%. Seguimos a cumprir cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
- Tradución da documentación base: Fran Diéguez segue a traduciu a documentación base formadas por máis de 65000 palabras para traducir e mellorando a anterior. Acadamos nesta publicación 3.8 un 48% da tradución, porén agardamos que na versión de revisión, que se publicará nun mes, academos o 50%.
Galician translations for GNOME 3.8
Como obter o último GNOME
O código fonte de GNOME 3.8 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.8 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.
[metaslider id=759]