Versión tras versión o equipo de localización ao galego, coordinado por Enrique Estévez, consegue o navegador Mozilla Firefox na nosa lingua.
Mozilla Firefox, o máis popular navegador de software libre, tráenos unha boa cantidade de novas características. A principal delas é un sistema de bloqueo que impide que os engadidos se executen sen o permiso do usuario, co cal se garante máis seguridade grazas a que os engadidos obsoletos ou vulnerables non se executan. Ademais disto, implementa melloras na barra de favoritos, perfeccionando as súas iconas, fornecendo máis ferramentas de desenvolvemento e con melloras na implementación dos estándares web.
Descarga
O Firefox 17 está dispoñíbel para Linux (recomendado), Mac e Windows. Ademais de na nosa, pódese descargar en 88 linguas máis!. Conségueo na páxina Mozilla Firefox e comézao a empregar:
Colabora!
Térmolo Mozilla Firefox e Mozilla Thunderbird, así como o resto de aplicativos de software libre en galego, é froito do esforzo de voluntarios que nos dedicamos a traballar por conseguir isto. Axúdalle ao grupo de localización ao galego de Mozilla a seguir traducindo cada lanzamento á nosa lingua. Únete!.