O proxecto Apache OpenOffice Apache anuncia a dispoñibilidade da Apache™ OpenOffice 3.4, a primeira versión do OpenOffice baixo o goberno da Apache Software Foundation.
Apache OpenOffice é a principal suite de ofimática de escritorio de código aberto, con máis de 100 millóns de usuarios en todo o mundo tanto domésticos, empresas, gobernos, investigadores e ambientes académicos, en 15 idiomas. Apache OpenOffice 3.4 está dispoñíbel para descargar gratis.
Esta nova versión é, pois, un fito transcendental para o OpenOffice despois dun ano de traballo en silencio e cando todo indicaba, tras o abandono de Oracle, que o proxecto OpenOffice podía darse por pechado. A comunidade de tradutores de software ao galego presenta orgullosamente a nova de que o galego está entre o reducido número de 15 idiomas nos que se ofrece unha versión nativa completa.