Nun par de segundos e mediante un engadido para o navegador Firefox podemos ter o novo dicionario da RAG (DRAG) integrado na lista de buscadores. A consulta de calquera palabra e a súa definición faise nun tris. Respectouse a imaxe corporativa da RAG no complemento co obxectivo de colaborar tamén nesa “achega ao servizo público” ao que convidaba a propia RAG: “Hoxe toca innovar“.
Instrucións de instalación:
1. Prema sobre a imaxe inferior que o levará á páxina onde descargalo
2. Prema no botón «+Add to Firefox» ou «+Engadir a Firefox» e acepte a instalación.
Xa está instalado e úsase como calquera outro buscador.
Ás persoas que non están familiarizadas con esta funcionalidade, cómprelles saber
Como se usa?
Como con calquera outro “motor de busca” que ten ou que instalemos no Firefox, encóntrase dispoñíbel na caixa superior da dereita, á beira da barra de enderezos. Naturalmente despois de instalalo, o buscador DRAG simplemente incorpórase á lista dos dispoñíbeis (Google, Yahoo, Wikipedia, etc). Para usalo, hai que seleccionalo…
1.Seleccionalo
2. Verá que quedou seleccionado cando nesa caixa apareza o “logo” do DRAG…
3. Os resultados das buscas usan a xanela en uso do Firefox, así que para non perder o sitio onde se estaba, ou abrimos unha nova xanela ou, despois de buscar, volvemos atrás.
Logo de facer a nosa consulta, para deixar de usar o dicionario e volver a realizar a busca na Rede ou noutro buscador, hai que volver seleccionar o buscador da Internet que queiramos (Google, Yahoo, etc.) como vimos antes.
Se lle gustou tamén pode deixar unha mensaxe na páxina de Mozilla onde se descarga para axudar á súa difusión.