Publicouse Qt 4.8.0, con localización ao galego

As bibliotecas Qt acadaron outro fito na súa evolución coa publicación da versión 4.8.0.

Esta versión inclúe localización ao galego, o que permitirá que os usuarios dos programas baseados nestas bibliotecas localizados a esta lingua poidan gozar dunha versión completamente localizada, sen que ocasionalmente aparezan mensaxes non traducidos procedentes da infraestrutura.

A L10n ao galego foi revisada no necesario para cumprir cos acordos das Trasnadas (agás erro ou omisión involuntaria) utilizando a ferramenta Pology.