Coincidindo coa celebración da Trasnada 11.1 en Vigo, vimos de publicar as conclusións do Xurado dos Premios aos mellores PFC de desenvolvemento en aplicativos libres para a localización (l10n).
Transcribimos as partes fundamentais da acta do Xurado:
Composición do Xurado
-
D. Oscar Diaz Fouces é profesor titular do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo. Dirixe o Grupo de Estudos das Tecnoloxías Libres da Tradución.
-
D. Iván Area Carracedo é profesor titular do Departamento de Matemática Aplicada II. Foi vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo. Foi coordinador do Proxecto Ronsel.
-
D. Felipe Gil Castiñeira é profesor titular do Departamento de Enxeñaría Telemática na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Ata o ano 2010 foi coordinador do equipo de tradución ao Galego de Ubuntu
-
D. Roberto Vieito Raña, designado pola Oficina de Coordinación FLOSS en delegación da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación da Xunta de Galicia
Actúa como Secretario, sen voz nin voto, do mesmo
- D. Miguel Anxo Bouzada, na súa calidade de Vicepresidente da «Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno»
…
Declaración dos gañadores dos Premios
Por unanimidade do Xurado, declarase gañador do primeiro «Premio ao mellor PFC de desenvolvemento en aplicativos libres para a localización (l10n)» dotado cunha contía de 600,00€, ao único proxecto presentado, correspondente a:
Título do proxecto:
«Desenvolvemento de aplicativo para a discusión colaborativa de terminoloxía utilizando tecnoloxías Web 2.0 e a infraestrutura de desenvolvemento web Django»
Nome e apelidos do autor:
Leandro Regueiro Iglesias
Datos do director do proxecto:
David Cabrero Souto
Por non teren sido presentados máis proxectos declarase deserto o segundo premio dotado cunha contía de 400.00€.
Asinado, en Vigo a 10 de novembro de 2011
Miguel Anxo Bouzada
Secretario do Xurado
Nota: a dotación económica deste premio está patrocinada pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, ao abeiro do Convenio de colaboración entre esta Secretaría e as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre.