As regras do filtro check-rules da ferramenta pology foron actualizados segundo os acordos da Trasnada 11.0.
Esta actualización presenta regras básicas polo que é de esperar que polo momento detecten grande cantidade tanto de falsos positivos como falsos negativos.
Para mellorar na escollas das regras a aplicar a cada caso particular, engadiuse un ficheiro README onde se explica a estrutura dos identificadores das regras.
Asemade revisáronse as licenzas dos distintos ficheiros, que se distribúen sob unha BSD de 3 cláusulas no caso dos ficheiros de regras e no da documentación a «The FreeBSD Documentation License».