Xornada de portas abertas no curso de localización

Dende o día 16 até o 25 estamos celebrando o «Curso de tradución ao galego de aplicativos libres».

A xornada de obradoiro de mañá Venres 19 e Luns 22 serán de portas abertas ao público non inscrito no curso na sesión de tarde (de 16:15 a 19:45). Os interesados en aprender a traducir aplicativos libres poden vir e unirse á sesión práctica. Non se precisa traer equipos para o curso.