O Proxecto Trasno organiza este mes o curso de Tradución ao galego de aplicativos libres na Universidade da Coruña.
Este curso de 33 horas con módulos teóricos e prácticos está deseñado para formar aos asistentes na internacionalización e localización de software libre. O curso está impartido por varios dos voluntarios e expertos máis activos na tradución de software libre ao galego a día de hoxe.
Está dirixido a estudantes, tradutores, desenvolvedores de software e tamén ao público en xeral e celébrase en colaboración ca OSL da Universidade da Coruña e forma parte das actividades que a asociación Proxecto Trasno desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.
O curso é de matrícula gratuíta e permítelle aos estudantes universitarios que asistan a el obter dous créditos de libre elección.
Obxectivos
No curso abordarase a localización ao galego de aplicativos informáticos libres desde un aspecto teórico nos seus múltiples relatorios, e tamén práctico nos que se aprenderá a usar dúas ferramentas libres para a tradución, así como outras técnicas. Ao longo do curso os asistentes poderán adquirir os coñecementos necesarios para contribuír á localización ao galego de software libre, así como para usar software libre para traducir software e outros formatos.
Entre os temas dos que se vai falar están a introdución aos procesos de localización e tradución do software, a linguaxe informática en galego, os esquemas de traballo nos proxectos de localización, os estándares de localización e o emprego de ferramentas libres de tradución asistida por ordenador.
Inscrición
Para rexistrarse no curso hai que cubrir un formulario situado na páxina da Oficina de software libre da UDC. O prazo de inscrición será ata o Luns 15 de Novembro (incluído).
Ofertaranse un máximo de 40 prazas debido ao límite de capacidade da aula onde se vai impartir o curso. No caso de que o número de solicitudes supere á capacidade da aula farase unha selección dos solicitantes. Enviaráselle unha mensaxe a todas as persoas rexistradas confirmando a súa admisión no curso.
Lugar e datas
O curso celebrarase no Edificio de Servizos Centrais da Universidade da Coruña, situado no campus de Elviña.
A data de inicio será o día 16 de Novembro de 2010 e rematará o 25 de Novembro. As xornadas comezarán ás 10:30 e durarán ata as 13:45, agás os días dos obradoiros que haberá sesión de mañá de 10:15 a 13:45 e sesión de tarde de 16:15 a 19:45. Para facilitar a aprendizaxe os obradoiros partíronse en dous grupos, un de mañá e outro de tarde. As persoas inscritas poderán asistir ou ben á sesión da mañá ou ben á da tarde.
Como chegar
O Edificio de Servizos Centrais situase no Campus de Elviña da UDC na Cidade da Coruña. O edificio atópase en fronte da Facultade de Ciencias Económicas e de par á Casa do Lagar. No mapa de embaixo pode ver onde está situado o edificio. A aula onde se celebra o curso está situada na planta baixa do edificio.
Programa
- Día 1: Martes 16 de Novembro
- 10:30 – 10:45
- Benvida ao ciclo
Relator: Miguel Branco. Presidente da AC Proxecto Trasno. - 10:45 – 11:45
- Os conceptos de internacionalización (i18n) ou globalización (g11n), localización (l10n) e tradución
Relator: Miguel Anxo Bouzada. Programador, desenvolvedor e tradutor do Proxecto Trasno. - 11:45 – 13:45
- Formatos estándares de localización: XLIFF, TMX e TBX
Relator: Leandro Regueiro. Tradutor do Proxecto Trasno.
- Día 2: Mércores 17 de Novembro
- 10:30 – 12:00
- Os formatos de tradución Gettext (po) e Qt Linguist (ts)
Relator: José Manuel Castroagudín. Tradutor do Proxecto Trasno. - 12:00 – 13:45
- Pootle, Launchpad, Transifex e sistemas web de xestión de proxectos de traducións
Relator: Indalecio Freiría. Tradutor do Proxecto Trasno.
- Día 3: Xoves 18 de Novembro
- 10:30 – 12:00
- O inglés no ámbito técnico
Relator: Xosé Calvo. Filólogo. Membro do equipo de tradución de KDE ao galego. - 12:00 – 13:45
- Elementos da tradución ao galego. Nova normativa do galego
Relator: Miguel Branco. Presidente da AC Proxecto Trasno.
- Día 4: Venres 19 de Novembro
- 10:15 – 13:45
- Obradoiro: traducindo coa ferramenta libre Lokalize (Grupo 1: mañá)
Relator: Marce Villarino. Membro do equipo de tradución de KDE ao galego, e tradutor do Proxecto Trasno.
Asistentes: Leandro Regueiro, Miguel Branco - 16:15 – 19:45
- Obradoiro: traducindo coa ferramenta libre Lokalize (Grupo 2: tarde)
Relator: Marce Villarino. Membro do equipo de tradución de KDE ao galego, e tradutor do Proxecto Trasno.
Asistentes: Leandro Regueiro
- Día 5: Luns 22 de Novembro
- 10:15 – 13:45
- Obradoiro: traducindo coa ferramenta libre OmegaT (Grupo 1: mañá)
Relator: Enrique Estévez. Técnico da OSL da USC e coordinador do equipo de tradución de Mozilla ao galego.
Asistentes: Leandro Regueiro
16:15 – 19:45
- Obradoiro: traducindo coa ferramenta libre OmegaT (Grupo 2: tarde)
Relator: Enrique Estévez. Técnico da OSL da USC e coordinador do equipo de tradución de Mozilla ao galego.
Asistentes: Miguel Branco
- Día 6: Martes 23 de Novembro
10:30 – 11:30- Cristalización do modelo de lingua, estilo e terminoloxía galega da localización
Relator: Antón Méixome. Filólogo, técnico de Normalización lingüística, tradutor do Proxecto Trasno.
11:30 – 12:30
- O reto da calidade lingüística no traballo en rede: roles, procesos e etiqueta de colaboración
Relator: Antón Méixome. Filólogo, técnico de Normalización lingüística, tradutor do Proxecto Trasno.
12:30 – 13:45
- A informática unha nova lingua de especialidade, uso de Glósima e Tiboxe en Trasno
Relator: Antón Méixome. Filólogo, técnico de Normalización lingüística, tradutor do Proxecto Trasno.
- Cristalización do modelo de lingua, estilo e terminoloxía galega da localización
- Día 7: Mércores 24 de Novembro
- 10:30 – 11:30
- Corrección técnica e Q&A na tradución de Software Libre
Relator: Fran Diéguez. Técnico da OSL da USC, Coordinador do equipo de tradución de GNOME ao galego. - 11:30 – 13:45
- Esquemas de traballo na localización de software
Relator: Fran Diéguez. Técnico da OSL da USC, Coordinador do equipo de tradución de GNOME ao galego.
- Día 8: Xoves 25 de Novembro
- 10:30 – 12:30
- Procesos de internacionalización. Gettext_izar en distintas linguaxes
Relator: Miguel Anxo Bouzada. Programador, desenvolvedor e tradutor do Proxecto Trasno. - 12:30 – 13:45
- Impacto socioeconómico da localización. Perspectivas de futuro
Relator: Miguel Branco. Presidente da AC Proxecto Trasno.