A edición beta 2 de LibreOffice xa se pode instalar en galego

1. Para instalalo en galego, primeiro descargamos o paquete  que contén o paquete base en inglés e posteriormente aplicamos o paquete de idioma. Neste exemplo, imos supoñer que instalamos sobre Ubuntu 10.04 en versión de 32 bits:

É moi recomendable descargar, ou mover despois de descargar, este ficheiro a unha localización cómoda como o Escritorio ou un cartafol de descargas directamente unido á raíz de /home, por exemplo podemos crear un chamado «LibO»

Dentro do home de usuario, en consola

$mkdir LibO

Logo, situámonos dentro dese cartafol

anton@pc:~$ cd LibO/

E listamos o seu contido

anton@pc:~/LibO$ ls

Dentro, teremos o ficheiro base descargado

LibO_3.3.0_beta2_Linux_x86_install-deb_en-US.tar.gz

2. Como é unha beta e ten un nome diferente a OpenOffice, pódese instalar conxuntamente no mesmo equipo sen problemas.

Se hai problemas ou que queremos “limpeza”, o proceso de eliminación de OpenOffice é o seguinte:

Desinstalamos a versión anterior de OpenOffice.org que teñamos instalada.

Nota: pode que o terminal pida confirmación, para o que hai que introducir «S» (si) ou «y» (yes)
É necesario este paso para evitar problemas de configuracións. Faise cun usuario con permisos [3] desde o terminal, coas ordes seguintes:

aptitude remove openoffice.org-core openoffice.org-common
ou
sudo aptitude remove openoffice.org-core openoffice.org-common

e como segundo paso:

aptitude purge openoffice.org-core openoffice.org-common
ou
sudo aptitude purge openoffice.org-core openoffice.org-common

3. Unha vez despexado o terreo, descomprimimos o ficheiro que descargamos antes con:

$tar -xzvf LibO_3.3.0_beta2_Linux_x86_install-deb_en-US.tar.gz

Con esa orde descomprímese o contido, incluídos subcartafoles e moitos ficheiros. Todos eles quedan dentro dun cartafol chamado en-US

4. Logo, poñémonos dentro do cartafol descomprimido con:

ls (esperamos resposta e veremos un en-US…)

Logo entraremos dentro de en-US

~/LibO/en-US$ ls

que nos devolve un contido como o seguinte:

DEBS  licenses  readmes  update

Agora chamamos ao cartafol DEBS

cd DEBS

Aí están un bo feixe de ficheiros .deb que nesesitamos manexar e tamén un cartafol que se usará despois.

5. Intentar instalar manualmente os ficheiros .deb un por un é bastante problemático e latoso porque hai que facelo seguindo unha orde predefinida. Moito máis útil é darlle a orde ao sistema para que o faga todo por si mesmo:

$ sudo dpkg -i *.deb (xa sabemos que «sudo» serve para obter permisos de instalación)

Así se instalan todos os paquetes na ordenación correcta. Ao rematar, LibO está realmente instalado pero non se verá no menú Aplicativos de Ubuntu, non está «integrado»

6. Agora, seguindo na consola, cambiamos a nosa posición ao cartafol desktop-integration para instalar as iconas de OOo.org no menú:

Así cambiamos

cd desktop-integration

Así, instalamos o único paquete que quedaba pendente

sudo dpkg -i libreoffice3.3-debian-menus_3.3-1_all.deb

E, xa quedou instalada a suite LibreOffice 3.3… pero está en inglés. Seguimos

Agora descargamos o paquete de idioma correspondente (correspondente co sistema operativo, versión 32 ou 64 bits) e procedemos de modo parecido.

O paquete de idioma obtense en

http://download.documentfoundation.org/libreoffice/testing/3.3.0-beta2/

Unha vez descargado o paquete correspondente a este exemplo procedemos a descomprimilo coa orde tar

anton@pc:~/LibO$ tar -xzvf LibO_3.3.0_beta2_Linux_x86_langpack-deb_gl.tar.gz

Cando acabe pedimos que nos mostre o que hai

anton@pc:~/LibO$ ls
en-US
gl

Vemos que temos un novo cartafol gl. Metémonos dentro e instalamos seguindo as indicacións

anton@pc:~/LibO$ cd gl
anton@pc:~/LibO/gl$ ls
DEBS

anton@pc:~/LibO/gl$ cd DEBS/

anton@pc:~/LibO/gl/DEBS$ sudo dpkg -i *.deb

Pedirásenos a chave de usuario con permisos, por suposto. Unha vez dada, a instalación xa rematou 🙂

anton@pc:~/LibO/gl/DEBS$

Agora temos LibreOffice instalada e integrada nos menús do noso escritorio.

Con todo, cómpre lembrar que aínda é unha edición beta e que pode haber problemas de dependencias.

Nota. Recoméndase instalar tamén o paquete URE que pode axudar a resolver algúns problemas.